ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 1 DE MAIO
ACTIVIDADE X SOLIDARIA EN FERROL
O pasado venres a nosa Voluntaria Ángeles Fernández participou nun acto en Ferrol con outras entidades sociais para visibilizar a importancia de marcar o recadro 106 na declaración da renda para colaborar no desenvolvemento de programas e servizos de asociacións como Alcer Coruña!
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NA RESIDENCIA DE CARBALLO
O pasado venres o traballador social, Filipe Cruz, tamén estivo falando sobre a importancia da doazón de órganos a persoas traballadoras e usuarias da residencia pública de Carballo.
OBRADOIRO DE APROVEITAMENTO PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E FAMILIARES NA CORUÑA
Últimas prazas!
Non dubides en contactarnos para inscribirte!
OBRADOIRO PARA A PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA O VINDEIRO MARTES 16 DE MAIO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA!
Interesante formación sobre todo para persoas coidadoras e/ou familiares! Aberto a todo o público!
VIAXE INTERNACIONAL PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E ACOMPAÑANTES
Chámanos para solicitar máis información ou axuda para formalizar a inscrición!

Xa comezamos coas chamadas para convocarvos para esta actividade. Anímate a participar!
Comentarios
Publicar un comentario