ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 17 DE ABRIL
PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS DO BÁSKET XIRIA
O sábado estivemos en Carballo no encontro de baloncesto do Básket Xiria contra o Cultural y Deportiva Leonesa SAD. Instalamos unha mesa informativa a prol da doazón de órganos e achegámonos no medio do encontro á pista para ler un manifesto e animar ás persoas asistentes a ser doadoras.
PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS DO SD COMPOSTELA
O pasado domingo estivemos no estadio Verónica Boquete no encontro entre o SD Compostela e o Palencia Cristo. 6 persoas voluntarias axudáronnos a instalar mesas informativas para entregar información ás persoas afecionadas que se achegaron ao encontro deportivo e a instalar 2 mesas informativas a prol da doazón e órganos nas dúas portas de accesos ao estadio.
FORMACIÓN DO GRUPO DE EMPREGO PARA TRABALLADORES DOS ALCERES PROVINCIAIS
Esta semana comezou a primeira das catro formacións internas para persoas traballadoras de todos os alceres provinciais en materia de emprego. Abordamos a dificultade do acceso ao eido laboral das persoas con enfermidade renal crónica, os tipos de incapacidades laborais e a nova lei que rexirá o recoñecemento da discapacidade.
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO CEIP XESÚS SAN LUIS ROMERO DE CARBALLO
O martes estivemos co alumnado deste centro informando sobre a importancia da doazón de órganos. Asistiron os traballadores sociais da delegación da Coruña (Beatriz Vega e Filipe Cruz) xunto con Fran Encinar (como voluntario e familiar dunha persoa con enfermidade renal).
OBRADOIRO DE COCIÑA DE APROVEITAMENTO EN FERROL
Na tarde de onte tivo lugar o primeiro obradoiro de cociña de aproveitamento que imos desenvolver nas tres delegacións da entidade.

VIAXE INTERNACIONAL PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E ACOMPAÑANTES
Rogamos que se algunha persoa quere inscribirse, nos informedes no 981298759!
VISITA DE ALCER ASTURIAS A CORUÑA!
O próximo sábado 13 de maio estarán na Coruña persoas usuarias de Alcer Asturias e convídannos a comer todas e todos xuntos no Restaurante A Peneira (sito na Avda. Calvo Sotelo, nº18) por 17€/persoa.
O menú será: Caldo galego ou sopa, empanaDA caseira, tenreira asada con guarnición, poste e bebida. PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 30 DE ABRIL!
ENCONTRO DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE GALICIA
ESPETADAS DE PAVO E VERDURAS!
Receita adaptada ás pautas nutricionais de persoas en ERCA, diálise e transplantadas.
NOTA INFORMATIVA PARA PERSOAS SOCIAS!
Na asemblea celebrada o pasado 28 de febreiro informamos de que polo momento non é posible desgrabar na Declaración da Renda a cuota de persoa socia de Alcer Coruña. Estamos traballando en tramitar a documentación para ser declarada entidade de Utilidade Pública para que poidades facelo. Informaremos por este medio e tamén na páxina web cando sexa unha realidade! Desculpade as molestias que isto vos poida ocasionar!
Comentarios
Publicar un comentario