ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 10 DE ABRIL

PARTIDO A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS ENTRE O SD COMPOSTELA E O PALENCIA CRISTO ESTE DOMINGO 16

Dentro do convenio que temos co Concello de Santiago de Compostela e coa colaboración do SD Compostela, este ano achegaremos a este clube e a todas as persoas afeccionadas e xogadores a importancia da doazón de órganos. O martes tivo lugar a presentación da Campaña #DoaréDoado á que acudiu o vicepresidente de Alcer Coruña Alfredo Saborido xunto coa concelleira de benestar social do concello de Santiago Mila Castro e o presidente do SD Compostela Juan Carlos Gesto. 

MAÑÁ SÁBADO, PARTIDO DE BALONCESTO A PROL DA DOAZÓN EN CARBALLO ENTRE O CALVO BASKET XIRIA E O CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA S.A.D.


CONVOCATORIA DO GRUPO TARDES CON ALCER DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Onte tivo lugar o grupo de iguais "Tardes con Alcer" da delegación de Santiago de Compostela. Anímate a participar no grupo da túa delegación!

FORMACIÓN PARA PROFESIONAIS ORGANIZADA POLA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER

Este martes e mércores, o traballador social de Alcer Coruña Alfredo Soborido estivo en Madrid xunto con parte do equipo técnico da Federación Alcer Galicia nunhas xornadas de formación para profesionais dos alceres de toda España.
ÚLTIMAS PRAZAS!
Non dubides en contactar con nós para inscribirte para o obradoiro de cociña de aproveitamento que terá lugar en Ferrol o próximo xoves.

RECEITA DE PEMENTO RECHEO DE BACALLAU





Comentarios