ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE MARZO
PRESENTACIÓN DO LIBRO "RENATA, A MIÑA NEFRÓLOGA"
O pasado martes o vicepresidente e coordinador de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, acudiu xunto con Nuria Cruz (vicepresidenta da Federación Alcer Galicia) á presentación do libro "Renata, mi nefróloga" na Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo de Lalín. Foi un día de portas abertas onde se promociounou a saúde renal na comarca do Deza a través da visita ás instalacións de alumnado de primaria e secundaria.
GRUPO DE APOIO "TARDES CON ALCER" DA DELEGACIÓN DA CORUÑA
Ese martes 29 reunímonos o grupo "Tardes con Alcer" da Coruña. Anímate a formar parte del compartindo a túa experiencia como persoa con enfermidae renal entre iguais!
REUNIÓNS CON PARTIDOS POLÍTICOS
Ao longo destes días estámonos reunindo con diferentes agrupacións políticas municipais para achegarlles o noso traballo e necesidades de cara a mellorar a atención das persoas con enfermidade renal crónica e familiares. Estivemos en Narón co BNG o mércores e onte co PP na Coruña.
E TI, SABES SE TES OBRIGATORIEDADE DE FACER A DECLARACIÓN DA RENDA?
Bótalle un ollo a esta circular na que resumimos esta información en relación á obrigatoriedade de facer a declaración da renda tendo recoñecida unha incapacidade laboral. Non dubides en poñerte en contacto con nós para resolver as túas dúbidas!
CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL
TALLER DE COCIÑA DE APROBEITAMENTO EN FERROL
RECEITA DE POLO AO LIMÓN
Adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica en ERCA, diálise e transplante.
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Enfermidade Renal
Un diagnóstico prematuro da enfermidade renal crónica, supón a mellor abordaxe da enfermidade e evita complicacións á longo prazo. Podes consultar AQUÍ a nova completa.
O 9'% das persoas con enfermidade renal crónica non coñecen que teñen esta enfermidade. Podes consultar AQUÍ un artigo que aborda a pandemia silenciosa que supón esta doenza para a sociedade.Transplantes
Un estudo realizado por investigadores do Hospital Vall d`Hebron de Barcelona e que se publicou na revista European Journal of Internal Medicine evidencia que as mulleres teñen un 3% menos de mortalidade tras un transplante de ril, que os homes teñen un índice reingreso máis baixo tralo transplante ou que a porcentaxe de rexeito do órgano transplantado é maior cando o doante é home e a receptora é unha muller. Podes ler este interesante artigo AQUÍMáis de Alcer Coruña
Como cada mes, podes consultar AQUÍ o resumo das actividades de Alcer Coruña elaborado pola Federación Nacional Alcer..jpg)





Comentarios
Publicar un comentario