ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE FEBREIRO/1 DE MARZO
ÚLTIMAS ENTRADAS!
Esta tarde terá lugar o monólogo de David Perdomo no concello de Oroso a través do cal se recaudarán fondos para Alcer Coruña. Quedan 30 entradas que se venderá HOXE a partir das 19:30 horas no Centro Cultural de Oroso onde terá lugar o espectáculo.
DÍA MUNDIAL DO RIL 2023
Compartimos a programación de Alcer Coruña deste ano polo Día Mundial do Ril que será o próximo xoves 9.
ASEMBLEAS XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
O pasado domingo tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Alcer Coruña na cidade da Coruña, na cal demos a coñecer ás persoas participantes as actividades desenvolvidas na entidade ao longo do ano 2022 e a programación do presente ano 2023. Rematamos a xornada cunha rica chocolatada!
PROGRAMA DE TERMALISMO
Non dubides en contactar con nós para máis información!PURÉ DE VERDURAS
Receita adaptada ás pautas nutricionais das persoas con enfermidade renal crónica en ERCA e TRANSPLANTEOUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Doazón de órganos
Concurso de curtametraxes e carteis sobre a doazón de órganos da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue. Consulta as bases e toda a información AQUÍ
A ONT pretende seguir batendo récords en relación ás cifras de doazón de órgnaos en España. Podes acceder á nova completa AQUÍ
Dende a Federación Nacional Alcer propúxose realizar unha modificación da actual Lei de Transplantes para mellorar a situación das persoas doadoras en vida. Novas completas AQUÍ e AQUÍEnfermidade Renal
O pasado 14 de xaneiro tiveron lugar as xornadas da Asociación para a Información de Enfermidades Renales Xenéticas. Podes ver AQUÍ os videos das mesmas.
A presenza de enfermidade renal crónica e patoloxías cardiovasculares pode ser un factor de risco vital. Podes ler a nova completa AQUÍLaboral
Segundo un informe elaborado pola clínica legal da Plataforma de Organización de Pacientes, a maior preocupación das persoas con enfermidades crónicas céntrase no ámbito laboral. Podes ler AQUÍ a nova completa.
A partir de onte 2 de marzo a Seguridade Social equipara unha discapacidade do 33% a efectos laborais a todas as persoas que teñan recoñecida unha incaapacidade laboral permanente. Consulta AQUÍ a nova completa.


.png)
.png)


Comentarios
Publicar un comentario