ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 13 DE MARZO
PARTICIPACIÓN NO CONSELLO ASESOR DO HOSPITAL RIBERA JUAN CARDONA
Na tarde de onte estiveron a traballadora social Ángela Breijo e María José Brión (tesoureira de Alcer Coruña) abordando a labor de Alcer Coruña no consello asesor do paciente do centro.
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE NO CEIP ISAAC PERAL DO CONCELLO DE FERROL
Contamos coa participación de Ángela e Óscar, unha parella de Ferrol quen hai 3 anos se someteu ao proceso da doazón en vida: Óscar agasalloulle a Ángela un dos seus riles para evitar que iniciase o tratamento de hemodiálise. Grazas a súa participación como persoal voluntario da entidade o alumnado coñeceu de primeira man as melloras na calidade de vida que provoca o transplante ao mesmo tempo que incidiron na importancia da doazón de doante cadáver para todas aquelas persoas que non teñen a oportunidade que eles tiveron.
TARDES CON ALCER SANTIAGO
Na tarde de onte tiveron lugar as Tardes con Alcer da delegación de Santiago de Compostela. Seguimos nas tres delegacións con estes grupos de iguais para compartir experiencias e vivenzas comúns!
ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DO NOVO DIRECTOR DO BARBANZA
O pasado mércores o vicepresidente de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, asistiu ao Hospital do Barbanza para a presentación do novo director do centro.
VISITA AO CASTELO DE SAN ANTÓN NA CORUÑA O PRÓXIMO XOVES
Comentarios
Publicar un comentario