CONTINUAMOS COS GRUPOS "TARDES CON ALCER"
Na tarde de onte tivo lugar a primeira convocatoria do grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación de Santiago de Compostela. O día 19 terá lugar a convocatoria do grupo de Coruña e o 26 o de Ferrol, anímate a participar e a compartir experiencias, vivencias e inquedanzas entre iguais!
OKÚPATE, GRUPO DE EMPREGO E OCUPACIÓN DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER
Na tarde de onte tivo lugar unha reunión online do grupo Okúpate organizado pola Federación Nacional Alcer para a promoción do emprego e ocupación das persoas con enfermidade renal crónica e da que forman parte Rafa, presidente de Alcer Coruña e Jessica Antelo, terapeuta ocupacional da entidade.
Este ano terán lugar 4 días de formación dirixidos a profesionais das entidades alcer de toda España, nas que participará Alcer Coruña.
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Transplante
Un estudo realizado en Cataluña demostra a eficacia dos transplantes de ril de doante vivo. Podes ler AQUÍ o artico completo.
A plataforma de Organización de Pacientes (POP), publica o informe 2022 sobre a abordaxe das enfermidades crónicas en España. Podes consultar AQUÍ o informe completo.
A Organización Nacional de Transplantes confía en recuperar a normalidade neste ano 2023 en relación á actividade de doazón de órganos. AQUÍ a nova completa.Axudas sociais
Do 15 de febreiro ao 31 de marzo Facenda activa a páxina web para solicitar o novo chegue de 200€ para familias vulnerables. Deixamos AQUÍ o acceso á web e non dubides en poñerte en contacto non nós para máis información!
Investigación
Desde a Federación Nacional Alcer realizaron o pasado ano un estudo sobre a calidade de vida de persoas transplantadas. Se clicas AQUÍ podes acceder aos resultados obtidos.
Emprego e discapacidade
Segundo o Instituto Nacional de Estadística, existe maior taxa de emprego no eido das persoas con discapacidade e é maior a inclusión das mulleres con discapacidade. Podes acceder AQUÍ ao artigo completo.
Comentarios
Publicar un comentario