ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 28 DE NOVEMBRO / 1 DE DECEMBRO

V XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL E XANTAR DE NADAL

O pasado domingo estivemos en Coruña celebrando as V Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal. A continuación, tivemos o xantar de nadal. Grazas a todas as persoas que nos acompañáchedes e fixéchedes posible este día!
👉 A próxima semana enviarémosvos o video resumo das xornadas, para aquelas persoas que non puidéchedes acompañarnos.
📸 E tamén vos deixamos as fotos do xantar!


CONSELLO ASESOR NO HOSPITAL RIBERA JUAN CARDONA

O pasado mércores a vicepresidenta de Alcer Coruña Maria José Brión e a traballadora social da delegación de Ferrol Ángela Breijo, participaron no consello asesor de pacientes organizado polo Hospital Ribera Juan Cardona.

REUNIÓN DE ENTIDADES MEMBRO DA UDC SAUDABLE

O pasado martes Alfredo Saborido, coordinador de Alcer Coruña, reuniuse coas entidades sociais que forman parte da UDC Saudable. Abordáronse os obxectivos a actividades que se levarán a cabo no vindeiro ano 2023.
GRUPO DE TRABALLO SOBRE A ANEMIA
Na tarde do mércores participou Rafa, presidente de Alcer Coruña, nunha reunión online do grupo de traballo sobre a anemia, patrocinado por GSK e organizado pola Federación Nacional Alcer.

Comentarios