ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE DECEMBRO
FORMACIÓN NA FACULTADE DE TERAPIA OCUPACIONAL
O pasado martes acudiron a usuaria Maxi Pérez xunto coa terapeuta ocupacional de Alcer Coruña á facultade de Terapia Ocupacional para presentarlle ao alumnado o programa "Actívate", para o fomento da independencia das persoas con enfermidade renal.
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal
A Universidade das Illas Baleares creou o primeiro banco de mostras biolóxicas de cálculos renais para a súa investigación. Nova completa AQUÍ
A farmacéutica Baxter estuda o emprego da telemonitorización para abordar a falta de adherencia ou a falta de drenaxe das persoas que realizan diálise peritoneal. Podes consultar a nova completa AQUÍDiscapacidade
Sabes como empregar unha correcta terminoloxía para referirte ás persoas con discapacidade? Desde COCEMFE elaboraron un manual de linguaxe inclusiva que podes consultar AQUÍ
Comentarios
Publicar un comentario