ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 7 DE NOVEMBRO
XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
Acompáñanos! Pola mañá teremos unha xornada de aprendizaxe e a continuación terá lugar o XANTAR DE NADAL! Chámanos ao 670.34.39.49 para anotarte!
MARIO LÓPEZ, A SÚA HISTORIA NA VOZ DE GALICIA!
A pasada fin de semana saía en La Voz de Galicia a historia de Mario, membro da xunta directiva de Alcer Coruña e persoa con enfermidade renal en tratamento de hemodiálise. Podes ler a nova completa pinchando AQUÍ!
TARDES CON ALCER DELEGACIÓN CORUÑA
Onte tivo lugar a convocatoria do grupo de apoio Tardes con Alcer da delegación da Coruña.
XUNTANZA DO GRUPO DE EMPREGO DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER
Onte pola tarde tivo lugar unha nova convocatoria do Grupo de Emprego da Federación Nacional Alcer no que participaron Rafa (presidente de Alcer Coruña) e Jessica Antelo (terapeuta ocupacional da entidade).
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Doazón e transplantes
Continúan as investigacións sobre a rexeneración de órganos de persoas falecidas para o seu uso en transplantes. Nova completa do National Geographic AQUÍEnfermidade renal
Un estudo no que participaron científicos da universidade de Santiago de Compostela atopan posibles novas terapias para o tratamento da poliquistose renal. Podes ler o artigo completo AQUÍ
Estudos realizados a través da Sociedade Americana de Nefroloxía evidencian a vinculación entre a enfermidade renal crónica cun maior risco de desenrolar deterioro cognitivo. Máis información AQUÍ
Un estudo realizado pola Unidade de Nutrición Humana da Universidade Rovira i Virgili, indica que unha dieta ácida pode influír nun maior risco de empeoramento da función renal en persoas maiores. Podes ler o artigo completo AQUÍ



%20(2).jpg)
.jpg)
Comentarios
Publicar un comentario