ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 31 DE OUTUBRO / 1 NOVEMBRO
XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
A próxima semana comezaremos a chamarvos de forma individual para contar coa vosa participación!
I TORNEO DE PITCH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS
O pasado domingo tivo lugar no Tambre Golf o I Torneo Solidario de Pitch and Putt a prol doazón de órganos. Daniel Pereiro, xogador de Pitch & Putt e usuario de hemodiálise na Clínica Diaverum Santiago de Compostela, foi artífice deste achegamento a un deporte saudable e accesible para persoas con enfermidade renal crónica. O Torneo xogouse o sábado 29 de tarde e o domingo 30 de mañá, no que participaron preto de 60 xogadores e 40 persoas con enfermidade renal crónica que ademáis dun xantar xuntos, puideron practicar esta modalidade de deporte.
MESA INFORMATIVA NAS FESTAS DE MATOGRANDE DA CORUÑA
Na tarde do 29 de outubro, celebráronse as festas do barrio coruñés de Matogrande nas que Alcer Coruña estivo presente cun punto informativo onde se puido dar a coñecer a labor da entidade, a importancia da doazón de órganos e a promoción e hábitos de vida saudables. O espazo estivo activo dende as 17.00 as 21.30 xunto coa Liga Reumatolóxica Galega, a ONG Infancia Solidaria e a Asociación Poten100mos. A xornada contou coa actuación da Orquesta Los Satélites e o cantante Sito Sedes Lopez e adquisición de rifas para participación de sorteos entre os comercios da zona. A recadación das papeletas vendidas foi doada integramente entre as entidades sociais participantes neste día.
PRESENTACIÓN DO ESTUDO DE INVESTIGACIÓN SOBRE O IMPACTO EMOCIONAL DA ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA NO CONGRESO DA SOCIEDADE GALEGA DE NEFROLOXÍA
O pasado sábado 29 de outubro, María Isabel Vázquez (profesora de psicoloxía da USC), presentou a comunicación oral "Efectos de los "síntomas de ansiedad y depresión en las diferencias en calidad de vida en enfermos renal jóvenes y de mediana edad a tratamiento de hemodiálisis o con trasplante renal" no Congreso da Sociedade Galega de Nefroloxía. Esta comunicación forma parte do estudo realizado en Alcer Coruña "O impacto psicolóxico da ERC en hemodiálise, diálise peritoneal e transplante" coa colaboración de Diaverum e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
LOTERÍA DE NADAL 2022
Comentarios
Publicar un comentario