ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 3 DE OUTUBRO

TORNEO DE PICH AND PUTT

O domingo 16 de outubro terá lugar un torneo solidario de Pitch and Putt (unha modalidade de golf) en Oroso. Haberá autobús gratuíto desde Ferrol, A Coruña e Santiago e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!). ANÍMATE, XUNTO COA TÚA FAMILIA OU AMIGOS A ACOMPAÑARNOS! Inscicións no 670.34.39.49!

ESTA TARDE, OBRADOIRO PARA O FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS E HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE EN NARÓN


OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E ENFERMIDADE RENAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Abordaranse as dificultades eróticas que poden emerxer tralo diagnóstico dunha enfermidade renal crónica, reestructuraranse ideas prefixadas do que debe ser un encontro e tamén se tratará a reorganización dos contratos de parella.

OBRADOIRO DE EXERCICIO FÍSICO NA CORUÑA

É necesaria inscrición previa! O obradoiro terá unha parte teórica e outra práctica! Haberá que ir preparados para moverse e levar roupa cómoda!

XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL 

Podes ler toda a información AQUÍ

MESA INFORMATIVA NO CONCELLO DAS PONTES

Na mañá do sábado instalamos unha mesa informativa na feira quincenal do Concello das Pontes para sensibilizar ás persoas que acudiron á mesma sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable que fomenten o coidado da saúde renal.

TARDES CON ALCER EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este mércores reunimos de novo ao grupo de iguais "Tardes con Alcer" de Santiago de Compostela. 

GRUPO ONLINE DA FEDERACIÓN ALCER GALICIA PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL

Na tarde de onte abordouse a estratexia do manexo do malestar que xera a cronicidade. Anímate a participar nestes grupos en modalidade online! Na tarde de onte participaron 3 persoas de Alcer Coruña!

TELÉFONO DE ATENCIÓN PREFERENTE PARA PERSOAS MAIORES

AXUDAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE NA VIVENDA



Comentarios