ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 17 DE OUTUBRO

TORNEO DE PITCH AND PUTT. 30 DE OUTUBRO DO 2022

Recordámosvos que manteremos o autobús gratuíto desde Ferrol e A Coruña e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!). ANÍMATE, XUNTO COA TÚA FAMILIA OU AMIGOS A ACOMPAÑARNOS! Inscicións no 670.34.39.49!

GRUPO DE TRABALLO SOBRE INFANCIA DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER

O pasado mércores o presidente de Alcer Coruña, Rafa Rodríguez, participou na reunión de infancia a nivel nacional integrada por diferentes entidades alcer provinciais onde se abordou o protocolo de atención psicolóxica dos menores con enfermidade renal.

PLAN DE ENVELLECEMENTO ACTIVO NO CONCELLO DE FERROL

Esta semana Rafael Rodríguez e María José Brión (presidente e vicepresidente de Alcer Coruña) participaron no programa de envellecemento activo de Ferrol.

ASISTENCIA Á REUNIÓN DO SERGAS SOBRE O PROCESO DE ATENCIÓN INTEGRADA

Onte vecepresidente de Alcer Coruña e secretario da Federación Alcer Galicia, Alfredo Saborido, asistiu a esta xuntanza para abordar a atención integral no SERGAS.

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E ENFERMIDADE RENAL ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN ALCER GALICIA

Onte tivo lugar o obradoiro de sexualidade e enfermidade renal impartido polo sexólogo Alfredo Saborido en Santiago de Compostela. Participaron un total de 10 persoas usuarias de Alcer Coruña.
CARREIRA ENKI 2022
O pasado sábado estivemos sensibilizando un ano máis sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos de vida saudable ás persoas participantes na Carreira ENKI 2022, na que se visibiliza a diversidade funcional. 

ENCONTRO ENTRE ENTIDADES NO CONCELLO DAS PONTES

O martes estivemos na Casa Dopeso nun encontro entre entridades sociais no que Alcer Coruña presentou a súa labor e buscou a colaboración multidisciplinar coas outras asociacións para mellorar a calidade de vida das persoas que residen neste concello. 
A prensa tamén se fixo eco desta actividade!
PUNTO DE INFORMACIÓN DE ALCER CORUÑA NO CAMPUS DE FERROL (UNIVERSIDADE DA CORUÑA)
Estamos os terceiros mércores de mes en horario de 10 a 14 horas no Centro Universitario Cultural informando sobre a prevención da enfermidade renal e a doazón de órganos ás persoas estudantes da universidade.
XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL 
Podes ler toda a información AQUÍ

LOTERÍA DE NADAL 2022

Comentarios