ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 10 DE OUTUBRO

APRAZADO TORNEO DE PITCH AND PUTT AO 30 DE OUTUBRO DO 2022

Recordámosvos que manteremos o autobús gratuíto desde Ferrol e A Coruña e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!). ANÍMATE, XUNTO COA TÚA FAMILIA OU AMIGOS A ACOMPAÑARNOS! Inscicións no 670.34.39.49!

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE E ENFERMIDADE RENAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Abordaranse as dificultades eróticas que poden emerxer tralo diagnóstico dunha enfermidade renal crónica, reestructuraranse ideas prefixadas do que debe ser un encontro e tamén se tratará a reorganización dos contratos de parella.

OBRADOIRO DE EXERCICIO FÍSICO NA CORUÑA

É necesaria inscrición previa! O obradoiro terá unha parte teórica e outra práctica! Haberá que ir preparados para moverse e levar roupa cómoda!

XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL 

Podes ler toda a información AQUÍ

BECAS DE ESTUDO PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL


PUNTO DE INFORMACIÓN DE ALCER CORUÑA NO CUR DE RIAZOR (UNIVERSIDADE DA CORUÑA)
Estamos os segundos venres de mes en horario de 9 a 11 informando sobre a prevención da enfermidade renal e a doazón de órganos ás persoas estudantes da universidade.

OBRADOIRO SOBRE A DOAZÓN NO CENTRO COMUNITARIO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS

O pasado venres 7 de outubro a traballadora de Alcer Coruña e o voluntario Juan Cagiao impartiron unha charla dirixida ás persoas interesadas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros de Narón, ao que acudimos 9 persoas.

FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NA FACULTADE DE DEREITO DA UDC

Fixéronse 28 novas persoas doantes de órganos dentro da programación para o fomento da doazón que levamos a cabo dentro da "UDC Saudable".

AXUDAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE NA VIVENDA


OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Doazón e transplantes
👉 Video entrevista a Fernando Mosteiro, coordinador de transplantes do CHUAC sobre o procedemento de doazón de órganos. Podes velo pinchando AQUÍ

Diabetes e enfermidade renal
👉 Sabes como afecta esta doenza á saúde renal? Podes ler AQUÍ un artigo completo. 



Comentarios