ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 5 DE SETEMBRO
PARTICIPACIÓN NO PROXECTO GAVEA DE COGAMI
Onte viaxamos a Muxía, xunto cos nosos compañeiros de COGAMI, para navegar en veleiro. Repetimos esta actividade todos os anos, asi que non dubides en inscribirte para o próximo!
TORNEO SOLIDARIO DE PICH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS
Terá lugar o 15 e 16 de outubro no Tambre Golf (Oroso).
Contaremos con actividades abertas e gratuítas para o público en xeral o domingo 16: andaina saudable, bautismo/iniciación ao Pitch and Putt...
COMEZAREMOS A CHAMARVOS A PRONTO PARA DARVOS MÁIS INFORMACIÓN!
PROXECTO "EU SUMO" NO CONCELLO DE NARÓN
Un ano máis formamos parte deste proxecto para visibilizar e sensibilizar sobre a discapacidade no concello. O pasado venres o noso presidente Rafa Rodríguez estivo nunha reunión xunto cos dous concelleiros da área.
MANIFESTO DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL. FORMACIÓN EN FERROL O 21 DE SETEMBRO
Enfermidade renal e transplantes
España fixo un de cada catro transplantes de doazón en vida de Europa no 2021. Podes ler AQUÍ a nova completa
Un estudo publicado no Journal of American Society of Nephrology indica que as mullere teñen unha función renal máis baixa que os homes, pero que a funcional renal dos homes disminúe máis rápido durante o envellecemento. Podes ler o artigo completo AQUÍVacinación Covid-19
A partir do 26 de setembro comezará en España a campaña de vacinación para a cuarta dose contra a Covid-19 para maiores de 80 anos. Ler AQUÍ a nova completa.Lotería de nadal 2022
Non esquezas reservar o teu décimo (25€), mercar a túa participación (5€) ou colaborar con nós na venda!.jpg)



Comentarios
Publicar un comentario