ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 26 DE SETEMBRO

TORNEO DE PICH AND PUTT

O domingo 16 de outubro terá lugar un torneo solidario de Pitch and Putt (unha modalidade de golf) en Oroso. Haberá autobús gratuíto desde Ferrol, A Coruña e Santiago e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!). ANÍMATE, XUNTO COA TÚA FAMILIA OU AMIGOS A ACOMPAÑARNOS! Inscipcións no 670.34.39.49!

MAÑÁ, MESA INFORMATIVA EN "AS PONTES"

Mañá estaremos na feira municipal das Pontes informando sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudable.

MESA INFORMATIVA NA CORUÑA O SÁBADO 24 DE SETEMBRO

O sábado estivemos no Polideportivo Labañou (Pavillón de Cocheras-A Coruña) de 16.00 a 20.00 durante a realización dos encontros das peñas deportivistas, coa finalidade de achegar información e orientación sobre a Enfermidade Renal Crónica ás persoas asistentes e sensibilizar á cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables. Logo realizouse un Bingo Solidario, no que se recaudaron 100€ para Alcer Coruña.

RAFA, PRESIDENTE DE ALCER CORUÑA, NA TELEVISIÓN DE FERROL

O pasado luns 26 de setembro estivo Rafa, o noso presidente, no programa Espacio Abierto da Televisión de Ferrol. Podes ver AQUÍ a entrevista completa.

ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN DA ESTRATEXIA PARA A ELIMINACIÓND A HEPTATITE C

O pasado mércores o vogal de Alcer Coruña, Martín Flores, acudiu á presentación da "Estratexia para a eliminación da hepatite C como problema de saúde pública en Galicia" no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
OBRADOIRO DE TERAPIA OCUPACIONAL EN CULLEREDO
Na tarde de onte a terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, Jessica Antelo, asesorou aos asistentes do obradoiro que tivo lugar en Culleredo sobre como previr a dependencia nas actividades da vida diaria, así como sobre o impacto da enfermidade renal crónica sobre aspectos funcionais.

TARDES CON ALCER EN FERROL

Na tarde de onte tivo lugar a xuntanza do grupo de apoio "Tardes con Alcer" da delegación de Ferrol. Non dubides en contactar con nós se queres unirte ao grupo que temos en cada delegación!

REPORTAXE SOBRE A PARTICIPACIÓN DE MARIO LÓPEZ, VOGAL DE ALCER CORUÑA, NA TRIPLE COROA ILLAS ATLÁNTICAS

 Mario López, Vogal de Alcer Coruña e usuario de hemodiálise, participou na Triple Coroa Illas Atlánticas a comezos deste mes. Podes ver AQUÍ unha reportaxe da TVE sobre a competición a partir do minuto 4:30

ASISTENCIA AO PROCESO DE ATENCIÓN INTEGRAL DO SERGAS

Na tarde de onte Alfredo Saborido, vicepresidente de Alcer Coruña e Nuria Cruz, membro da xunta directiva da Federación Alcer Galicia, estiveron nunha reunión do Proceso de Atención Integral da Enfermidade Renal Crónica.

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

Máis sobre Alcer Coruña

👉 Resumo de actividades de Alcer Coruña, publicado pola Federación Nacional Alcer. Accede AQUÍ

Axudas económicas

👉 Nova convocatoria das axudas económicas da Fundación Íñigo Álvarez de Toledo para persoas estudantes con enfermidade renal crónica. Podes ler AQUÍ toda a información

Transplantes de órganos

👉 A Mutua Madrileña financia varios proxectos para fomentar a conservación de órganos para transplante. Poder ler AQUÍ a nova completa.

Discapacidade orgánica

👉 A Confederación Nacional de Persoas con Discapacidade lanza a campaña "Toca que nos vean" para visibilizar as enfermidades orgánicas. Podes ver AQUÍ o vídeo promocional da campaña.
Ocio
👉 Fin de semana de ocio en Ferrol


Comentarios