ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 19 DE SETEMBRO

BINGO SOLIDARIO NA CORUÑA

Mañá organízase un bingo solidario a favor de Alcer Coruña organizado poña peña Unai&Checa e como iniciativa do fillo dunha usuaria con enfermidade renal en hemodiálise . Indicamos a continuación a programación do día. Se hai algunha persoa interesada en participar nalgunha actividade, chámanos para máis información ao 604.05.12.93!
- 17h partidos homenaxe dos equipos de base
- 21h pinchos para asistentes
- 22h bingo solidario

TORNEO DE PICH AND PUTT

O domingo 16 de outubro terá lugar un torneo solidario de Pitch and Putt (unha modalidade de golf) en Oroso. Haberá autobús gratuíto desde Ferrol, A Coruña e Santiago e nese día tamén haberá outras actividades (iniciación ao Pitch and Putt, andaina e xantar!). INSCRÍBETE no 670.34.39.49!
40 ANIVERSARIO DE ALCER OURENSE
A pasada fin de semana, parte da xunta directiva de Alcer Coruña viaxou a Ourese para celebrar o seu 40 aniversario.

XORNADA DE BENVIDA NA UDC

A pasada semana tivo lugar a xornada de benvida ao novo alumnado da Universidade da Coruña. Alcer Coruña instalou dúas mesas informativas para sensibilizar sobre os hábitos de vida saudable e a doazón de órganos no Campus de Esteiro de Ferrol e no Campus de Elviña na Coruña.


TALLER DE SENSIBILIZACIÓN NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE TRABALLO SOCIAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado luns a traballadora social Sara Fuentes estivo na Escola Universitaria de Traballo Social de Santiago de Compostela falando sobre a importancia de adquirir hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal e sensibilizando ao alumnado sobre a doazón de órganos. Tamén se abordou a importancia do papel do traballo social na abordaxe da enfermidade renal crónica.

OBRADOIRO DE TRABALLO SOCIAL EN FERROL

O pasado xoves tivo lugar a realización en Ferrol do obradoiro "Manifesto de persoas con ERC: dereitos e recursos desde traba sobre os dereitos e recursos desde o traballo social" dirixido a persoas con enfermidade renal crónica e impartido por Ángela Breijo, traballadora social.

LOTERÍA DE NADAL 2022

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

👉 Falece José García Buitrón, ex responsable da Oficina de Coordinación de Transplantes da área sanitaria da Coruña. Podes ler AQUÍ a nova completa.
👉 Coñeces o Plan Nacional de Acceso al Trasplante Renal para Pacientes Hiperinmunizados. Recomendámosche a lectura da nova AQUÍ
👉 Avances no tratamento da poliquistose renal AQUÍ

Comentarios