ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 12 DE SETEMBRO
MARIO LÓPEZ, 15 KM A NADO EN MAR ABERTO NA TRIPLE COROA DAS ILLAS ATLÁNTICAS
O sábado Mario López, vogal de Alcer Coruña e usuario de hemodiálise á espera do seu terceiro transplante de ril, participou na Triple Coroa das Illas Atlánticas facendo unha travesía a nado en mar aberto desde as Illas Cíes ata Baiona de 15km!
MESA INFORMATIVA EN EIRÍS - A CORUÑA
O pasado sábado estivemos no Día da Familia que se celebra en Eirís (A Coruña), onde intalamos unha mesa informativa para informar sobre a importancia da doazón de órganos e hábitos e vida saudable.
ANDAINA SAUDABLE NO CONCELLO DE AMES
Onte pola tarde realizarmos un percorrido de 5,7 km no concello de Ames para o fomento de hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal e a sensibilización sobre a importancia da doazón de órganos.
PRESENZA NO EVENTO "DESPERTANDO MENTES" ORGANIZADO POLA SEFAC
A Sociedade Española de Farmacia Clínica, Familiar e Comunitaria organizou onte na Coruña un acto para a presentación dos sevizos profesionais farmacéuticos asistenciais ao que acudiu Rafa, presidente de Alcer Coruña. Na foto, o noso presidente aparece con Montse Lage (á esquerda, presidenta saínte da SEFAC) e Isabel Jurjo (á dereita, presidenta entrante)
BINGO SOLIDARIO NA CORUÑA
O vindeiro sábado 24 organízase un bingo solidario a favor de Alcer Coruña, organizado polo familiar dunha das noasa socias. Indicamos a continuación a programación do día. Se hai algunha persoa interesada en participar nalgunha actividade, chámanos para máis información ao 604.05.12.93!
- 17 h partidos homenaje de las los equipos de base
- 21 h pinchos para asistentes
- 22 h bingo solidario
- 21 h pinchos para asistentes
- 22 h bingo solidario
TORNEO DE PICH AND PUTT
Domingo 16 de outubro. Aberto a todas as persoas interesadas. Autobús gratuíto desde Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. INSCRÍBETE no 670.34.39.49!
AMPLIACIÓN DE PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DE TERMALISMO DE COGAMI
FORMACIÓN NO CENTRO DE PSICOLOXÍA VITEI
Inscríbete chamando 676801473!
LOTERÍA DE NADAL 2022
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

Comentarios
Publicar un comentario