ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 22 DE AGOSTO
MARIO LÓPEZ, VOGAL DE ALCER CORUÑA, VOLTA A ESPAÑA CO 5 MEDALLAS!
O vogal de Alcer Coruña Mario López (en tratamento de hemodiálise e á espera do seu terceiro transplante de ril), participou esta semana nos Xogos Europeos de Persoas en Diálise e Transplantadas. Volve con 3 outros en 50, 100 e 400 metros libres; unha prata en 50m braza e un bronce en 100m braza. NORABOA!
MESA INFORMATIVA EN EIRIS, A CORUÑA
O pasado martes estivemos sensibilizando sobre a enfermidade renal ás persoas que acudiron á Festa da Fresa de Eirís mediante a instalación dunha mesa informativa, como parte das actividades propias do Servizo de Información e Orientación dirixido ás persoas con enfermiade renal e familiares do Concello da Coruña.
PRAZAS LIBRES PARA PARTICIPAR NO VELEIRO DE CAMARIÑAS!
Participación aberta a persoas socias e non socias do campo, así como a todas aquelas persoas que queiran aprender esta modalidade de golf.
Faremos tamén unha andaina e comida de confraternidade.
ANDAINA SAUDABLE EN AMES O PRÓXIMO 15 DE SETEMBRO
Aberta a todos os públicos. Participa!
Comentarios
Publicar un comentario