ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 15 DE AGOSTO
MARIO LÓPEZ, VOGAL DE ALCER CORUÑA, NOS XOGOS EUROPEOS DE PERSOAS EN DIÁLISE E TRANPLANTADAS
Mario, usuario de hemodiálise e agardando o seu terceiro transplante de ril, participará nos European Transplant & Dialysis Games 2022 representando a España na categoría de natación nas probas de 50, 100 e 400 metros libres e 50 e 100 metros braza. Hoxe sae no Faro de Vigo unha entrevista en relación á súa participación nesta competición. Podes lela no documento adxunto a este correo!
TORNEO SOLIDARIO DE PICH AND PUTT A PROL DA DOAZÓN DE ÓRGANOS
O próximo mes de outubro temos unha cita!
Grazas á colaboración do Tambre Golf, desfrutaremos de dúas xornadas solidarias de Pich and Putt a prol da doazón de órganos.
A participación está aberta a persoas socias e non socias do campo, así como a todas aquelas persoas que queiran aprender esta modalidade de golf.
Faremos tamén unha andaina e comida de confraternidade.
ANÍMATE A PASAR CON NÓS UNS DÍAS CHEOS DE SOLIDARIEDADE!
ANDAINA SAUDABLE EN AMES O PRÓXIMO 15 DE SETEMBRO
Aberta a todos os públicos. Participa!
ATÓPANOS NAS MESAS INFORMATIVAS!
En Alcer Coruña contamos con novo material divultativo para a instalación de mesas informativas para o fomento de hábitos de vida saudable e a sensibilización a prol da doazón de órganos!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Transplantes de órganos


Enfermidade renal

Comentarios
Publicar un comentario