ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 1 DE AGOSTO
NEREA, NOVA TRABALLADORA SOCIAL NA DELEGACIÓN DA CORUÑA
Esta semana uniuse ao noso equipo Nerea Álvarez, nova traballadora social que acompañará a Bea Veiga na delegación da Coruña.
TARDES CON ALCER NA DELEGACIÓN DE SANTIAGO
Onte tivo lugar unha convocatoria diferente no grupo das Tardes con Alcer de Santiago de Compostela, compartindo momentos tomando un café xunto con parte dos integrantes que nos puideron acompañar. Grazas por asistir!
O CONCELLO DE AMES SUBVENCIONA DOUS PROXECTOS DE ALCER CORUÑA
Alcer Coruña implementará este 2022 grazas á subvención do Concello de Ames o "Servizo de información, orientación e asesoramento" dirixido a persoas con enfermidade renal e familiares así como o "Programa Alcer 7 Vidas" para a sensibilización en materia de doazón de órganos á poboación do concello.
LOTERÍA DE NADAL ALCER CORUÑA
Xa podes reservar o teu décimo ou participación da nosa lotería de Nadal! Participa mercándoa ou axudándonos a vendela!
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Enfermidade renal




Comentarios
Publicar un comentario