ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE XUÑO
ENTREVISTA EN LA VOZ DE GALICIA A RAFA, PRESIDENTE DE ALCER CORUÑA
Podes lela completa AQUÍ
CAMPAMENTO CRECE
Esta semana parte do noso equipo técnico e Xunta Directiva estiveron en Panxón (Pontevedra), xunto cos menores con enfermidade renal que participaron no Campamento Crece organizado pola Federación Nacional Alcer. Este martes estiveron en Santiago de Compostela e Alcer Coruña recibiunos para realizar un tramo do Camiño de Santiago desde San Lázaro e pasar unha xornada de lecer e sinerxias!
TARDES CON ALCER EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Este mércores tiveron lugar as Tardes con Alcer do grupo de Santiago de Compostela. Recordade que temos grupos nas tres delegacións (Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol) e que están abertos a calquera persoa con enfermidade renal crónica que queira compartir vivencias entre iguais!
BONO ALUGUEIRO PARA MOCIDADE MENOR DE 35 ANOS
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Actividades
A Federación Nacional Alcer faise eco un mes máis das actividades mensuais de Alcer Coruña. Podes consultalas AQUÍ.Doazón de órganos
Científicos de Australia investigan novas técnicas de conservación de órganos previo transplante. Podes ler o artigo completo AQUÍ
Realizan en España o primeiro transplante de ril a dous xemelos con poliquistose renal, procedente do mesmo doante. Nova completa AQUÍ


.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario