ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 18 DE XULLO
VIAXE EN BARCO POLA RÍA DE CAMARIÑAS
Últimas prazas dispoñibles. Non esquenzas inscribirte!
RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Un ano máis renovamos o convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela para continuar fomentando a doazón de órganos e hábitos de vida saudables entre cidadanía e estudantes do Concello. GRAZAS!
PROGRAMA DE EXERCICIO FÍSICO E PSICOSOCIAL PARA ENFERMOS CRÓNICOS DE RIL E OS SEUS FAMILIARES
Grazas ao convenio subscrito co Concello da Coruña achegamos a seguinte información para facer exercicio de remo en parella. Recorda a importancia do exercicio físico para mellorar a túa calidade de vida!
COMO PREVIR O ILLAMENTO SOCIAL
A través do convenio de colaboración que temos co Concello de Cambre, achegamos información ben útil para previr o illamento social 

FEDERACIÓN ALCER GALICIA ACHEGA A SEGUINTE INFORMACIÓN
Bono social eléctrico 

Bono conciliación autónomos 

VIAXE Á REPÚBLICA CHECA PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
A Federación Nacional de Asociacións Alcer realizará a finais de setembro unha viaxe a República Checa. No cartel podes atopar toda a información.
Comentarios
Publicar un comentario