NOVIDADES SEMANA 30 DE MAIO

DÍA DO DOANTE DE ÓRGANOS 2022

Para rematar a conmemoración do a do Doante de Órganos o pasado xoves 9 de xuño estivemos no Hospital HM La Esperanza cunha mesa informativa, acompañados de Daniel Carrillo, voluntario da entidade. 




PARTICIPACIÓN EN RADIO NEGREIRA

xoves 9, grazas a colaboración do noso socio e voluntario, José Antonio Romarís, estivemos en Radio Negregaira falando da doazón de órganos.
Adxuntamos audio da entrevista. 



CHARLA NA CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS


Este xoves 9 de xuño ás 17:30 horas, levamos a cabo unha charla dirixida á Confederación ANPAS Galegas, en Santiago, sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables que promoven o coidado da saúde renal. Acudiu, xunto coa traballadora do equipo técnico de Alcer, o voluntario Raúl Gómez, que compartiu coas persoas asistentes a súa experiencia como persoa con enfermidade renal crónica e transplantada.



ASISTENCIA Á ASEMBLEA XERAL DE ENTIDADES SOCIAS DE COGAMI

xoves tivo lugar  dita asemblea a que asisteiu Alfredo Saborido (vicepresidente) en representación da entidade, na que se aprobou a memoria e o balance do 2020 e o plan de acción e orzamento 2021










Comentarios