ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 20 DE XUÑO

CAMPAMENTO CRECE

Esta fin de semana parte do noso equipo técnico viaxará a Nigrán (Pontevedra), onde terá lugar a celebración do Campamento Crece para menores con enfermidade renal crónica, organizado pola Federación Nacional Alcer. 
A próxima semana enviarémosvos algunha foto! 😊

DÍA DO CANCRO RENAL

A pasada semana participamos na campaña de sensibilización polo Día do Cancro Renal.
📸 (de esquerda á dereita): Fran Encinar (atención ao público na oficina da Coruña) e Bea Vega (traballadora social da delegación da Coruña).

RENOVACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO HOSPITAL HM LA ESPERANZA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Continuamos coa atención social e nutricional en HM La esperanza de Santiago de Compostela para a atención de persoas con enfermidade renal crónica.

AXUDAS DE ELECTRICIDADE NO CONCELLO DE CARBALLO

CONVOCATORIA DAS TARDES CON ALCER XUÑO 2022

​Recordámosvos que podedes participar nos grupos de apoio (Tardes con Alcer) que se celebran nas tres delegacións da entidade cada mes. Próximas convocatorias:
👉 Santiago de Compostela: mércores 29 de xuño na Casa de Benestar Social (CABES) ás 17:00
👉 Ferrol: xoves 30 de xuño na Casa Solidaria de Ferrol ás 17:00
👉 A Coruña: 4 de xuño ás 17:00 na cafetería Central Park (Praza de Vigo)


Comentarios