ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 13 DE XUÑO

​FORMACIÓN PROFESION​AIS ENTIDADES ALCER - MADRID 16 Y 17 DE JUNIO

Este xoves e venres Beatriz Vega, traballadora social da delegación da Coruña, estivo en Madrid asistindo as xornadas de formación para traballadores socias organizadas por Federación Nacional Alcer, onde se analizou como viaxar estando en hemodiálise e se puxeron en común iniciativas de atención ao paciente por parte dos psicólogos, traballadores sociais e dietistas-nutricionistas. 







CONVENIO ASINADO CON CENTRO DENTAL MARIA SOTO

​O pasado 26 de maio en Alcer Coruña asinamos un convenio de colaboración co Centro Dental María Soto, en Fene (Ferrolterra)
Con este convenio todos os socios terán acceso a revisións bucodentais totalmente gratuítas
​Para isto, contactar con nós e fixaremos unha data para programar as vosas revisións o máis cedo posible. 



GRUPO DE APOIO ONLINE
Esta semana ​terá lugar o xoves 23 o segundo grupo de apoio organizado por Federación Alcer Galicia, onde aínda estades a tempo de apuntarvos. 





TARDES CON ALCER - DELEGACIÓN CORUÑA

​O vindeiro mércores 22 terá lugar na delegación de Coruña a xuntanza mensual do grupo de Tardes con Alcer, se queres participar tan so tes que chamarnos ao 604 08 47 27





Comentarios