ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 9 DE MAIO

FORMACIÓN AO EQUIPO TÉCNICO DE ALCER CORUÑA

O pasado luns Patricia Casal, psicóloga da Federación Alcer Galicia, impartiu unha formación sobre pautas básicas para mellorar a relación dos equipos de profesionais coas persoas con enfermidade renal crónica. Alcer Coruña aposta por unha atención de calidade e a formación do noso equipo é fundamental! 
ENTREVISTA A MARIO LÓPEZ, VOGAL DE ALCER CORUÑA, NA RADIO GALEGA
Entrevista a Mario López, vogal de Alcer Coruña, no programa Convivir da Radio Galega, falando da súa aficción á natación tras participar nos xogos nacionais para persoas transplantadas. Podes escoitala completa AQUÍ

OBRADOIRO EN CULLEREDO PARA O FOMENTO DA INDEPENDENCIA DAS PERSOAS EN DIÁLISE

Dirixido a persoas con enfermidade renal, persoas coidadoras e profesionais que queiran coñecer máis sobre como mellora a independencia nas actividades da vida diaria e facer fronte ás limitacións funcionais derivadas da diálise. Non agardes máis a inscribirte!
ASISTENCIA AO 8º CONGRESO NACIONAL DE PACIENTES CRÓNICOS - SEMERGEN
Onte e hoxe estivemos presentes no 8º Congreso Nacional de Pacientes Crónicos organizado pola Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria. 

DÍA MUNDIAL DA FIBROMIALXIA E FATIGA CRÓNICA

Onte unímonos á campaña de sensibilización que Affinor levou a cabo para visibilizar esta doenza.


OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE:
👉 O último estudo realizado pola Sociedade Española de Nefroloxía afirma que o 50% das persoas con enfermidade renal o teñen, afectando á súa calidade de vida e altarando o estado de ánimo, sono e descanso. Podes consultar AQUÍ o artigo completo.
👉 Nova de prensa da celebración o próximo venres do obradoiro de terapia ocupacional en culleredo. Podes lela AQUÍ.
👉 Combinar medicamentos para a hipertensión con ibuprofeno pode danar os riles, segundo un estudo publicado pola Universidade de Waterloo (Canadá). Podes ler o artigo completo AQUÍ

Comentarios