ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 23 DE MAIO
ATA SEMPRE, SANTI
A pasada fin de semana recibimos a triste nova do pasamento do noso compañeiro e tesoureiro de Alcer Coruña, Santiago Martínez Lago. Sempre estaremos agradecidos pola súa implicación e máis de 30 anos vinculados á nosa entidade.
DÍA DO DOANTE DE ÓRGANOS 2022
Desde Alcer Coruña estamos cos últimos preparativos para o Día do Doante de Órganos que se celebra o vindeiro mércores 1 de xuño. A próxima semana enviarémosvos un resumo de todas as actividades que faremos, convidándovos a participar en todas elas!
ASISTENCIA Á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER
O sábado estiveron en Madrid Rafa Martínez (presidente de Alcer Coruña) e Alfredo Saborido (vicepresidente), na que saiu reelixido como presidente Daniel Gallego.
As entidades ASHUA e Hipofam pasaron a formar parte da Federación Nacional Alcer!
CONGRESO NACIONAL DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE NEFROLOXÍA PEDRIÁTICA (AENP)
Alcer Coruña estivo onte, como membro da Federación Alcer Galicia, no Congreso da Sociedad Española de Nefroloxía Pedriátrica xunto cos compañeiros de ASHUA e Hipofam, membros tamén da Federación Nacional Alcer.
OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN FERROL
O pasado martes tivo lugar en Ferrol o obradoiro de nutrición para persoas en diálise, impartido por Laura Faílde, traballadora da Federación Alcer Galicia.
TARDES CON ALCER SANTIAGO
Este mércores tivo lugar a convocatoria das Tardes con Alcer de Santiago de Compostela.
VISITA DOS COMPAÑEIROS DE ALCER BIZKAIA
Alcer Bizkaia visita Narón nunha das excursións anuais que realizan para persoas socias da entidade. Alcer Coruña serviu de anfitriona na delegación de Ferrol, onde visitamos o Museo de Construcción Naval. Agardamos que volvan visitarnos pronto!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Enfermidade renal

Comentarios
Publicar un comentario