ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 2 DE MAIO

DÍA INTERNACIONAL DA CONVENCIÓN NACIONAL DOS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado martes estivo o noso presidente Rafa Rodríguez na Praza de Armas, do Concello de Ferrol, reivindicando os dereitos das persoas con discapacidade. Podes ver AQUÍ o video que lle realizaron nesta xornada.

MARIO LÓPEZ, CAMPIÓN NOS XOGOS OLÍMPICOS PARA PERSOAS TRANSPLANTADAS

A pasada fin de semana, Mario López, membro da Xunta Directiva de Alcer Coruña, participou nos xogos nacionais de persoas transplantadas que se celebraron en Gijón. Voltou para Galicia con 5 ouros e un bronce. Parabéns! (Na foto, Mario é o segundo de pé comezando pola dereita)

OBRADOIRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O FOMENTO DA INDEPENDENCIA DAS PERSOAS EN DIÁLISE

Dirixido a persoas con enfermidade renal, persoas coidadoras e profesionais que queiran coñecer máis sobre como mellora a independencia nas actividades da vida diaria e facer fronte ás limitacións funcionais derivadas da diálise. Non agardes máis a inscribirte!

CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL
Este ano o campamento CRECE, organizado pola Federación Nacional de Asociaciones Alcer en colaboración coa Federación Alcer Galicia, celebrarase no concello de Nigrán (Pontevedra). Se coñeces algún ou algunha menor con enfermidade renal entre os 8 e 17 anos, que se poña en contacto con nós para participar! Preme AQUÍ para acceder á solicitude de inscrición. 

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA ACCESIBILDIADE E ELIMINACIÓN DE BARREIRAS EN EDIFICIOS RESIDENCIAIS CONCELLO DE ARTEIXO 

OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
👉 A subida da luz segue a perxudicar ás persoas que fan tratamento renal substitutivo no seu domicilio. Podes ler AQUÍ a testemuña de Vicente, que pasou a pagar un 30% máis nas súas facturas.
👉 Científicos de Nueva Haven investigan sobre a detección a través de análise do ouriño das causas de enfermidade renal glomerular ou tubuloinstersticial. Podes consultar AQUÍ a nova completa. 
👉 A deputación da Coruña volve financiar un ano máis o noso Servizo de Información e Orientación para a atención a persoas con enfermidade renal e familiares. Seguimos traballando! Podes acceder AQUÍ á nova completa.
👉 E ti? Aínda non marcaches a X Solidaria na túa declaración da renda? O ano pasado grazas a este xesto tan sinxelo, Alcer Coruña recibiu financiación para atender a 665 persoas con enfermidade renal e familiares. Aínda estás a tempo! Mira o video promocional de Alcer Coruña AQUÍ



Comentarios