ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 16 DE MAIO
CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENALRecorda que no mes de xuño se organiza en Galicia (Nigrán - Pontevedra) o campamento para menores con enfermidade renal organizado pola Federación Nacional Alcer e a Federación alcer Galicia. Coñeces algún menor que poida acudir? Non dubides en facérnolo saber para poñernos en contacto e ofrecerlle esta oportunidade para compartir unha semana de convivencia entre iguais!
Recorda que no mes de xuño se organiza en Galicia (Nigrán - Pontevedra) o campamento para menores con enfermidade renal organizado pola Federación Nacional Alcer e a Federación alcer Galicia. Coñeces algún menor que poida acudir? Non dubides en facérnolo saber para poñernos en contacto e ofrecerlle esta oportunidade para compartir unha semana de convivencia entre iguais!
OBRADOIRO "A DIÁLISE E A ADAPTACIÓN ÁS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA"
O pasado venres Jessica Antelo, terapeuta ocupacional de Alcer Coruña, implementou un obradoiro en Santiago de Compostela sobre as principais consecuencias da enfermidade renal e do tratamento de hemodiálise na independencia das persoas usuarias nas actividades cotiás, abordando tamén estratexias para retrasar ou paliar situacións de dependencia.
Por motivos alleos a Alcer Coruña, tivemos que pospoñer os obradoiros que iban desenrolarse en Ferrol e Culleredo. Informaremos das vindeiras datas de realización!MESA INFORMATIVA EN CARBALLO
Onte instalamos unha mesa informativa en Carballo, para a promoción de hábitos de vida saudables e a sensibilización en materia de doazón de órganos.
OBRADOIRO DE NUTRICIÓN PARA PERSOAS EN DIÁLISE EN FERROL O PRÓXIMO MARTES
Non dubides en inscribirte! Aínda quedan prazas dispoñibles!
CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL
Recorda que no mes de xuño se organiza en Galicia (Nigrán - Pontevedra) o campamento para menores con enfermidade renal organizado pola Federación Nacional Alcer e a Federación alcer Galicia. Coñeces algún menor que poida acudir? Non dubides en facérnolo saber para poñernos en contacto e ofrecerlle esta oportunidade para compartir unha semana de convivencia entre iguais!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE
Enfermidade renal
No 7º Congreso da Sociedade Española de Transplante (SET) celebrado en Málaga esta fin de semana, fíxose fincapé en que o ritmo de transplantes se dirixe a recuperar os datos previos á aparición da pandemia pola Covid-19. Pulsa AQUÍ para ler a nova completa.Saúde e poboación xeral
O vindeiro martes, a partir das 9:00, comezará o servizo do teléfono para a prevención do suicido promovido polo Ministerio de Sanidade. Será o 024 e a través del poderase falar de forma confidencial cun equipo de psicólogos. Podes ler AQUÍ a nova completa.Formación á poboación xeral
Naturgy organiza unha webinar sobre o prezo da luz o próximo 27 de maio ás 10:00. Podes acceder a el pulsando AQUÍ
Naturgy organiza unha webinar sobre o prezo da luz o próximo 27 de maio ás 10:00. Podes acceder a el pulsando AQUÍ
A nosa empresa conveniada Vitei Psicoloxía organiza un programa psicoeducativo para aprender sobre o noso autocoidado psicolóxico. Consulta as tres liñas de formación que propoñen! .png)






Comentarios
Publicar un comentario