ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE ABRIL

VIAXE A PORTO 28 E 29 DE MAIO  

Alcer Coruña organiza unha viaxe para persoas con Enfermidade Renal Crónica, familiares e persoas achegadas a última fin de semana do mes de maio. 
Para máis información, contacta con nós. PRAZAS LIMITADAS!

MARCA A X SOLIDARIA!

Na mañá de hoxe, 8 de abril, en Ferrol e en Santiago de Compostela Alcer Coruña participou nos actos promovidos pola EAPN para iniciar a campaña sobre a importancia de marcar a X Solidaria na declaración da renda.  E ti? Aínda non marcas a X Solidaria na túa declaración da renda? 


CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL

Este ano o campamento CRECE, organizado pola Federación Nacional de Asociaciones Alcer en colaboración coa Federación Alcer Galicia, celebrarase no concello de Nigrán (Pontevedra). Se coñeces algún ou algunha menor con enfermidade renal entre os 8 e 17 anos, que se poña en contacto con nós para participar! Preme AQUÍ para acceder á solicitude de inscrición. 

ENCONTRO DE XÓVENES CON ENFERMIDADE RENAL DO 22 AO 24 DE ABRIL

Contacta con nós se queres participar!

NOVA DATA PARA O OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN FERROL 

O 24 de maio en horario de 16:00 a 20:00 levarase a cabo o obradoiro de nutrición que foi aprazado esta semana en Ferrol.  Aínda estás a tempo de inscribirte neste ou no da Coruña!

CHARLAS 7 VIDAS NOS CONCELLOS DE CARBALLO, A CORUÑA E SANTIAGO DE COMPOSTELA

Durante esta semana, leváronse a cabo charlas de fomento de hábitos de vida saudables e promoción e sensibilización da doazón de órganos en tres centros educativos: no IES Monte Neme de Carballo, CEIP Plurilingüe Labaca da Coruña e no CIFP Compostela de Santiago. Grazas a estes obradoiros achegamos información sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables á poboación máis nova!


OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

👉 Desde a Dirección General de Derechos de las Personas con Discapacidade achégannos unha enquisa para ofrecer á poboación xeral a oportunidade de participar na elaboración do II Plan Nacional de Accesibilidade. Para cumplimentala preme AQUÍ

Comentarios