ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 28 DE MARZO

 MARCA A X SOLIDARIA!

E ti? Aínda non marcas a X Solidaria na túa declaración da renda? MIRA ESTE VIDEO PROMOCIONAL E FAI QUE O 0,7% DOS TEUS IMPOSTOS SE DESTINEN A ACTIVIDADES SOCIAIS. Alcer Coruña mantén este ano o salario de dúas traballadoras grazas a este xesto tan sinxelo!


CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL

Este ano será en Galicia grazas á Concellería de Igualdade, Benestar Social e participación do concello de Nigrán (Pontevedra). Se coñeces algún menor con enfermidade renal entre os 8 e 17 anos, que se poña en contacto con nós para participar! Preme AQUÍ para acceder á solicitude de inscrición. 

RESUMO DE ACTIVIDADES ALCER CORUÑA MES DE MARZO

Como cada mes, desde a Federación Nacional Alcer fai un resumo das actividades da nosa entidade. Pulsa AQUÍ para velo resumo completo.

ENCONTRO DE XÓVENES CON ENFERMIDADE RENAL DO 22 AO 24 DE ABRIL

Contacta con nós se queres participar!

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA 

O domingo día 27 de marzo realizouse a Asemblea de persoas socias no Centro Cívico dos Mallos da Coruña. Case 50 persoas se xuntaron neste espazo de encontro entre persoas con necesidades comúns e se ocuparon das iniciativas da entidade desenvolvidas durante o ano 2021 e das perspectivas para o 2022 nos seus programas activos en toda a provincia. Tamén tivo lugar a elección aos cargos da Xunta Directiva da entidade, na que continúan os cargos anteriores, con Rafa Rodríguez como presidente e incorporándose dúas novas vogalías (Vanessa Enríquez e Martín Flores) coas que se pretende seguir avanzando no apoio ás persoas con enfermidade renal crónica.

A xornada rematou cunha vista guiada pola Cidade Vella Da Coruña.


PRESENZA NA FEIRA DE SUSTENTABILIDADE DA UDC

Este martes 29 de marzo Alcer Coruña estivo presente por medio dunha mesa informativa na “Feira de Sustentabilidade”  organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña. As traballadoras socias de Alcer Coruña xunto o voluntario Jorge Bermejo, estiveron en horario de 10.00 a 14.00 e 16.00 a 18.00  no vestíbulo da Facultade de Economía e Empresas do Campus de Elviña, para  informar ao  alumnado dos servizos que presta a entidade as persoas con Enfermidade Renal Crónica e ás súas familias, sensibilizar e orientar en materia de doazón de órganos e  promover hábitos de vida saudables.



ALCER 8 VIDAS NA UDC SÉNIOR DO CAMPUS DE FERROL

Este martes 29 de marzo ás 19:30 horas, a traballadora de Alcer Coruña levou a cabo unha charla dirixida ás persoas asociadas da Asociación de alumnos da Universidade Sénior da Universidade da Coruña – Campus de Ferrol sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables que promovan o coidado da saúde renal.  A esta charla asistiron un total de 13 persoas quenes, ademais de formarse sobre a enfermidade renal crónica (ERC) e os diferentes tratamentos renais substitutivos, escoitaron a testemuña de Gumersindo González, persoa con ERC quen actualmente recibe tratamento de hemodiálise hospitalaria. Gumersindo explicou ás persoas asistentes a súa experiencia e o que significa para el vivir cunha enfermidade crónica mentres espera o seu segundo transplante de ril. 

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Onte tivo lugar o obradoiro de nutrición para persoas en diálise en Santiago de Compostela, ao que asistiron 16 persoas.


Aínda estás a tempo de inscribirte no de Ferrol e A Coruña!

CONTAS BANCARIAS GRATUÍTAS PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE


ABERTO O PRAZO DO VII CONCURSOD E CURTAMETRAXES


Pincha AQUÍ para acceder ás bases da convocatoria.


OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
👉 Unha persoa doante pode agasallar ata 56 anos de vida. Podes ler AQUÍ o artigo completo.

👉 Webinar organizada pola Unión de Federacións de Transplantados de Órganos polo Día Nacional do Transplante o pasado día 30. Podes vela completa AQUÍ.


Comentarios