ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE ABRIL

CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL

Este ano o campamento CRECE, organizado pola Federación Nacional de Asociaciones Alcer en colaboración coa Federación Alcer Galicia, celebrarase no concello de Nigrán (Pontevedra). Se coñeces algún ou algunha menor con enfermidade renal entre os 8 e 17 anos, que se poña en contacto con nós para participar! Preme AQUÍ para acceder á solicitude de inscrición. 

CANCELADA A VIAXE A PORTO

Por non ter conseguido convocatoria suficiente, procédese á cancelación do Viaxe a Porto. Informaremos dunha nova convocatoria tan pronto nos sexa posible!

DÍA NACIONAL DA CONVENCIÓN INTERNACIONAL SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O concello de Ferrol organizará o próximo martes 3 de maio unha actividade de visibilización cun photocall na Praza de Armas para que poidas achegar a grabar a túa mensaxe reivindicación ou queixa.

MESA INFORMATIVA NO MERCADIÑO DE CARBALLO

O pasado xoves 21 estivemos sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal en Carballo. 

FEIRA DE SAÚDE E BEN-ESTAR DE AMES

O pasado sábado estivemos na II Feira de Saúde e Benestar do concello de Ames, cunha mesa informativa de mañá e tarde.
Acudiron Alfredo Saborido (coordinador e vicepresidente), Martín Flores (membro da Xunta Directiva), Raúl Gómez (voluntario) e Jessica Antelo (terapeuta ocupacional) 


MESA INFORMATIVA NO MULTIUSOS FONTES DO SAR

O pasado domingo estivemos no Multiusos Fontes do Sar cunha mesa informativa para a sensibilización en materia de doazón de órganos, como actividade que forma parte do convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela. 
Asistiron Mario López (membro da Xunta Directiva), Raúl (voluntario) e Sara Fuentes (traballadora social da delegación de Santiago de Compostela).

FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO IES PONTEPEDRIÑA

O luns estivemos tamén no IES Pontepedriña de Santiago de Compostela co alumnado de FP básica falando sobre a doazón de órganos.
Impartiron o obradoiro Martín Fuentes (membro da Xunta Directiva) e Sara Fuentes (Traballadora Social)

FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO CPR VILAS ALBORADA

O martes estivemos noutro centro de Santiago de Compostela, falando sobre a doazón de órganos ao alumnado de 6º de primaria.
Impartiron o obradoiro Alfredo Saborido (coordinador e vicepresidente de Alcer Coruña) e Raúl Gómez (voluntario).

AXUDAS PARA O PAGO DA ELECTRICIDADE DIRIXIDAS A PERSOAS QUE REALIZAN DIÁLISE NO DOMICILIO

OBRADOIRO A DIÁLISE E A ADAPTACIÓN ÁS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA

O próximo venres en Ferrol terá lugar unha formación sobre a enfermidade renal e a súa repercusión nas actividades da vida diaria impartido por Jessica Antelo, terapeuta ocupacional de Alcer Coruña. Anímate a participar!







Comentarios