ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 18 DE ABRIL
AXUDAS PARA O PAGO DA ELECTRICIDADE DIRIXIDAS A PERSOAS QUE REALIZAN DIÁLISE NO DOMICILIO
Consúltanos para máis información ou para axilizar a preparación da documentación necesaria para a solicitude.
VIAXE A PORTO 28 E 29 DE MAIO
Recorda que o 28 e 29 de Maio Alcer Coruña organiza unha viaxe para persoas con Enfermidade Renal Crónica, familiares e persoas achegadas. Para máis información, contacta con nós nos teléfonos 696.65.25.64 (Mario) ou 644.89.81.95 (María José) .
PRAZAS LIMITADAS!
CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL
Este ano o campamento CRECE, organizado pola Federación Nacional de Asociaciones Alcer en colaboración coa Federación Alcer Galicia, celebrarase no concello de Nigrán (Pontevedra). Se coñeces algún ou algunha menor con enfermidade renal entre os 8 e 17 anos, que se poña en contacto con nós para participar! Preme AQUÍ para acceder á solicitude de inscrición.
OBRADOIRO A DIÁLISE E A ADAPTACIÓN ÁS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA
O venres 6, en Ferrol, terá lugar unha formación sobre a enfermidade renal e a súa repercusión nas actividades da vida diaria impartido pola terapeuta ocupacional de Alcer Coruña. Anímate a participar!
TARDES CON ALCER
Xa podes consultar as datas da sesións das Tardes con Alcer do mes de abril nas tres delegacións. Se aínda non participas, esperámoste!
NOVA DATA PARA O OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN FERROL
O 24 de maio en horario de 16:00 a 20:00 levarase a cabo o obradoiro de nutrición que foi aprazado esta semana en Ferrol. Anímate a participar!
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA #DOARÉDOADO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Este mércores tivo lugar a presentación da Campaña #DoaréDoado para a sensibilización sobre a importancia da doazón de órganos nos centros deportivos do concello de Santiago de Compostela.
Xunto con Mila Castro (concelleira de Políticas Sociais e Saúde) e Esther Pedrosa (concelleira de Deportes), estiveron Alfredo Saborido (coordinador e vicepresidente de Alcer Coruña), Mario López e Martín Flores (membros da Xunta Directiva).
Podes consultar AQUÍ a información completa da campaña.
OBRADOIRO DE NUTRICIÓN NA CORUÑA
Onte tivo lugar o obradoiro de nutrición para persoas en diálise na Coruña, impartidos por Laura Faílde, nutricionista da Federación Alcer Galicia.
COMUNICADO OFICIAL DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER
Alcer Coruña, como membro da Federación Nacional Alcer, únese á recomendación do uso de máscaras de cara nas persoas con enfermidade renal crónica, pola alta vulnerabilidade do colectivo fronte á Covid-19.
Comentarios
Publicar un comentario