ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 11 DE ABRIL
VIAXE A PORTO 28 E 29 DE MAIO
Alcer Coruña organiza unha viaxe para persoas con Enfermidade Renal Crónica, familiares e persoas achegadas a última fin de semana do mes de maio.
Para máis información, contacta con nós nos teléfonos 696.65.25.64 (Mario) ou 644.89.81.95 (María José) PRAZAS LIMITADAS!
CAMPAMENTO CRECE PARA MENORES CON ENFERMIDADE RENAL
Este ano o campamento CRECE, organizado pola Federación Nacional de Asociaciones Alcer en colaboración coa Federación Alcer Galicia, celebrarase no concello de Nigrán (Pontevedra). Se coñeces algún ou algunha menor con enfermidade renal entre os 8 e 17 anos, que se poña en contacto con nós para participar! Preme AQUÍ para acceder á solicitude de inscrición.
OBRADOIRO A DIÁLISE E A ADAPTACIÓN ÁS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA
O venres 6 de maio realizaremos no concello de Ferrol unha formación sobre a enfermidade renal e a súa repercusión nas actividades da vida diaria impartido pola terapeuta ocupacional de Alcer Coruña. Anímate a participar neste obradoiro que che axudará a mellorar as túas habilidades no desenrolo das actividades do día a día!
TARDES CON ALCER
Xa podes consultar as datas da sesións das Tardes con Alcer do mes de abril nas tres delegacións. Se aínda non participas, esperámoste!
NOVA DATA PARA O OBRADOIRO DE NUTRICIÓN EN FERROL
O 24 de maio en horario de 16:00 a 20:00 levarase a cabo o obradoiro de nutrición que foi aprazado esta semana en Ferrol. Aínda estás a tempo de inscribirte neste ou no da Coruña!
MESA INFORMATIVA NO CONCELLO DE SANTIAGO
O domingo 10 de abril colocamos unha mesa informativa sobre hábitos de vida saudables e sensibilización da doazón de órganos no Estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela. Grazas a esta actividade 497 persoas foron informadas sobre a importancia da doazón de órganos!
Este mércores 20 de abril levarase a cabo a primeira sesión online do grupo de apoio para persoas con Enfermidade Renal Crónica promovido pola Federación Alcer Galicia. Xa podes inscribirte 

ENCONTRO DE XÓVENES CON ENFERMIDADE RENAL DO 22 AO 24 DE ABRIL
Contacta con nós se queres participar!
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

Comentarios
Publicar un comentario