ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 14 DE MARZO

 ALERTA SANITARIA 🚩

Trala recepción do comunnicado de Federación Nacional Alcer da situación de desabastecemento de material para terapias domiciliarias derivadas da folga do transporte, desde Federación Alcer Galicia procedimos a solicitar ao Sergas a prioridade na actuación con esta parte do noso colectivo, ao tratarse dunha situación vital, así como de manternos informados da evoluciónda situación. Podes ler AQUÍ o comunicado oficial completo.

CUARTA DOSE DA VACINA CONTRA A COVID-19 PARA PERSOAS TRANSPLANTADAS

O Ministerio de Sanidade está elaborando o procedemento para a realización de seroloxías ás persoas que cumplan os criterios establecidos e así coñecer o grao de inmunidade das persoas transplantadas trala cuarta dose. Podes consultar o protocolo completo AQUÍ

ENCONTRO DE XÓVENES CON ENFERMIDADE RENAL 2022

Contacta con Alcer Coruña se precisas máis ou información ou queres participar!

TARDES CON ALCER MARZO 2022

Recorda unirte ás nosas convocatorias mensuais dos grupos de apoio que temos en A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol!

SENSIBILIZACIÓN POR PARTE DO CLUB DE BALOMÁN DE CULLEREDO

A pasada fin de semana o club de infantís e xuvenís de balomán de Culleredo, quixeron unirse á sensiblización a prol do coidado renal polo Día Mundial do Ril.




MESA INFORMATIVA EN HM LA ESPERANZA

Na tarde de onte volvemos estar no Hospital HM La Esperanza cunha mesa informativa para o fomento de hábitos de vida saudables e o coidado da saúde renal. Contamos ca compaña de auxiliares e enfermeiras da unidade de hemodiálise, con dúas alumnas voluntarias da facultade de enfermería da Universidade de Santiago de Compostela e con Martín Flores, voluntario de Alcer Coruña.

FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS NO CEIP ISAAC PERAL

Este luns 14 de marzo estivemos no CEIP Isaac Peral (Ferrol) implementando dúas charlas sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudable ao alumnado de 6º de primaria. Acompañounos Ángela Pérez, voluntaria da entidade e persoa con Enfermidade Renal Crónica transplantada de ril grazas ao altruísmo do seu marido, quen lle doou un ril en vida.
AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS

OUTRAS NOVAS DE INTERESE
👉 Documental sobre a vida de José Vicente, usuario con enfermidade renal. Podes velo AQUÍ
👉 26.000 persoas precisarán diálisis toda a vida en España. Accede pinchando AQUÍ ao artigo completo.

Comentarios