ALCER CORUÑA. ESPECIAL DÍA MUNDIAL DO RIL 2022

 💚 Onte foi o DÍA MUNDIAL DO RIL e estivemos difundido por toda a provincia a importancia do coidado da saúde renal para previr esta doenza na poboación xeral. 


💛 Foi un día moi especial, xa que despois de dous anos, volvemos a poder instalar mesas informativas e achegarnos ás persoas para poder dar a coñecer os nosos obxectivos!

DELEGACIÓN A CORUÑA

FUNDACIÓN SAN RAFAEL
Xornada de Portas Abertas xunto con Dolores Estrada Gromaz, directora xeral.


COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA
Mesa informativa xunto con Antón Fernández (ex coordinador de transplantes), Constantino Rivera (nefrólogo), Mercedes Cao (nefróloga), Luis Verde (xerente), Venancio Chantada (xefe de servizo de uroloxía) e Fernando Mosteiro (coordinador de transplantes).

MESA INFORMATIVA NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR - UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Mesa informativa para o fomento de hábitos de vida saudables xunto co volutnario Jorge García

PARTIDO SOLIDARIO A PROL DE ALCER CORUÑA
Alcer Coruña será homenaxeada pola labor social de La Caixa no encotro desta tarde entre o Básquet Coruña e o CB Peñas Huesca.



DELEGACIÓN SANTIAGO DE COMPOSTELA

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mesa informativa na compaña de Ana Silveira (decana da Facultade de Enfermería da USC), a Dra. Dolores Güimil (nefróloga do CHUS), Beatriz Pais (subdirectora de Humanización e Calidade da AS de Santiago e Barbanza), Alfonso Alonso (subdirector de xestión asistencial e innovación do Sergas), Josefina Monteagudo (secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade). Eloína Núñez (xerente da AS de Santiago e Barbanza), o Dr. Rafael Alonso (de terapias domiciliarias do CHUS), o Dr. Daniel Novoa (nefrólogo), a Dra. Marta Pais (nefróloga), Elena Petisco (supervisora de enfermería de hemodiálise), voluntariado do grao de enfermería da Universidade de Santiago de Compostela, Raúl Gómez e Daniel Carrillo (voluntarios de Alcer Coruña), Alfredo Saborido (coordinador e videpresidente de Alcer Coruña) e Jessica Antelo (terapeuta ocupacional).

HOSPITAL HM LA ESPERANZA
Foto homenaxe ás persoas con enfermidade renal (de esquerda a dereita): Martín Flores (voluntario de Alcer Coruña), Sara Fuentes (traballadora social da delegación de Santiago), estudantado do Grao de Enfermería da Universidade de Santiago de Compostela, a directora médica de HM La Esperanza Verónica Ángel, a Dra. María José Ferreiro, a nefróloga Mariana Garbiras, o coordinador e vicepresidente de Alcer Coruña Alfredo Saborido, a directora médica territorial Pilar Mugica e o vogal de Alcer Coruña Mario López.

DIAVERUM SANTIAGO
Foto homenaxe ás persoas con enfermidade renal co equipo de enfermería e auxiliares, o coordinador de Alcer Coruña Alfredo Saborido, o nefrólogo Christian Alfaro e a supervisora de hemodiálise Rosa Álvarez.


DELEGACIÓN DE FERROL

COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE FERROL
Mesa informativa xunto con Ángel Facio (xerente da área sanitaria), Pablo Bouza (xefe de servizo de nefroloxía), María José Brión (vicepresidenta de Alcer Coruña) e Ana Trasmonte (administrativa de Alcer Coruña).

HOSPITAL RIBERA - JUAN CARDONA
Rolda de prensa xunto con Carlos Fernández (nefrólogo), o Dr. Francisco Soriano (xerente), María José Brión (vicepresidenta de Alcer Coruña) e Ángeles Fernández (administrativa de Alcer Coruña)

CENTRO COMERCIAL ODEÓN - NARÓN
Mesa informativa para o fomento de hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal coa nosa administrativa Ana Trasmonte.

MESA INFORMATIVA NA AULA DE ESTUDO DO CAMPUS DE FERROL - UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Mesa informativa para o fomento de hábitos de vida saudables para o coidado da saúde renal xunto co noso voluntario Gúmer

💚 A VINDEIRA SEMANA COMEZAREMOS A CONTACTAR CON CADA UN DE VÓS PARA CONVIDARVOS Á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE ALCER CORUÑA. AGARDÁMOSVOS!
Trala asemblea, faremos unha visita guiada pola cidade vella da Coruña. Tamén retrasmitiremos o acto en directo para todas aquelas persoas que non poidan asistir presencialmente! Anímate a acompañarnos e chámanos ao 981.29.87.59 para inscribirte!


Comentarios