NOVIDADES DA SEMANA DO 10 DE XANEIRO
MARIO LÓPEZ, BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN MÁSTER
Mario López, membro da Xunta Directiva de Alcer Coruña, ten claro que o deporte tamén se pode adaptar á vida dunha persoa con enfermidade renal en hemodiálise. Á espera do seu terceiro transplante de ril, a pasada fin de semana gañou a medalla de bronce no Campionato Galego de Natación Máster.
TARDES CON ALCER
Hoxe comezan os grupos de apoio que se realizarán CADA MES en todas as delegacións da entidade. Anímate a participar!
CUARTA DOSE DA VACINA CONTRA A COVID-19 EN PERSOAS INMUNODEPRIMIDAS
A Dirección Xeral de Saúde Pública comunica que a cuarta dose para persoas inmunodeprimidas comezará a realizarse a partir do mes de febreiro, cando se cumplan os 5 meses da última vacina.
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE



Comentarios
Publicar un comentario