ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 10 DE XANEIRO
TARDES CON ALCER
Arrincamos xaneiro coa nova convocatoria dos grupos de iguais nas tres delegacións, que este ano se farán MENSUALMENTE! Anímaste a participar? Ponte en contacto con nós!
PUNTOS DE ATENCIÓN UDC
Neste 2022 seguimos a estar presentes nos puntos de información ao alumnado da Universidade da Coruña para fomentar a doazón de órganos e os hábitos de vida saudable.
LUZ VERDE Á CUARTA DOSE DA VACINA CONTRA A COVID-19 EN PERSOAS INMUNODEPRIMIDAS
Hoxe publícase no BOE a aprobación de que as persoas que se atopen nunha situación de inmunosupresión, recibirán a cuarta a partir dos 5 meses da última dose.
REVISTA ALCER Nº 199
Accede ao formato dixital da revista pinchado AQUÍ. As persoas que así o desexades, recibirédela próximamente e coma sempre nos vosos domicilios xunto co noso boletín informativo!
OUTRAS NOVAS DE INTERESE





Segundo un estudo científico desenvolto en Filadelfia, o aumento da temperatura global podería estar relacionado tamén co aumento de cálculos renais. Accede á nova completa pulsando AQUÍ




Comentarios
Publicar un comentario