NOVIDADES DA SEMANA DO 6 DE DECEMBRO

FEIRA DO VOLUNTARIADO EN FERROL ESTE SÁBADO

- Este sábado Alcer Coruña instalará un stand informativo na Feira do Voluntariado que organiza o concello de Ferrol de 11 a 19 hroas. Se podes, achégate!!
- Ángela (voluntaria de Alcer Coruña) e Rafa (presidente) estarán de 11 a 13:00 participando nunha biblioteca humana, onde poderás solicitar que che conten a súa experiencia como persoas con enfermidade renal transplantadas en primeira persoa.
- A partir das 18:30 tamén presentará presentación Rafa sobre a importancia do voluntariado nunha entidade como Alcer Coruña. Se queres asistir, podes cumplimentar este formulario para facerte coa túa entrada.

TARDES CON ALCER. DELEGACIÓN CORUÑA

O próximo 13 de decembro o grupo de iguais da delegación da Coruña volverá xuntarse para realizar a súa última reunión deste 2020. Queres unirte? chama ao 604.05.12.93

NOVO TELÉFONO DE ATENCIÓN AO CORONAVIRUS

FELICITACIÓN NADAL 2021

No xantar de nadal do pasado 28 de novembro, as persaos que acudiron escribiron os seus desexos para o 2021. Pincha AQUÍ para ler algúns deles! Desde Alcer Coruña desexamos estar ao voso lado o vindeiro ano e poder seguir traballando a prol das persoas con enfermidade renal. 

UN ANO DO PASAMENTO DE JOSÉ VÁZQUEZ DEIBE

O pasado martes fixo un ano que nos deixou José Antonio Vázquez Deibe, membro fundador de Alcer Coruña. Seguímolo añorando nas reunións, xantares...sempre estivo aí, traballando para mellorar a vida das persoas. 

OUTRAS NOVAS DE INTERESE

👉 Sabes por que é importante previr a enfermidade renal?. Podes acceder AQUÍ a un video explicativo!
👉 Inventan un contedor térmico para conservar o frio nos riles que se van transplantar. Podes ler AQUÍ a nova completa.
👉 O Ministerio de Sanidade e a Organización Mundial da Saúde selaron a prórroga para o período 2021/2022 do acordo de colaboración entre ambas entidades de cara a cooperaración en materia de doazón e transplante de órganos. Pincha AQUÍ para ler a nova completa.

 

Comentarios