NOVIDADES DA SEMANA DO 20 DE DECEMBRO

 NADAL SI, PERO CON SENTIDIÑO!

Dada a situación sanitaria actual e ao aumento de casos por Covid-19, recomendamos que vos coidades moito nestas datas. Recordade que o SERGAS habilitou varios puntos gratuítos para facer probas de antíxenos (podes ver AQUÍ onde se atopan).

ESCOLA DE PACIENTES EN HM LA ESPERANZA

Ao longo do ano 2021 Alcer Coruña implementou formación específica para o colectivo de persoas que acoden a tratamento de hemodiálise do centro HM Hospitales La Esperanza en Santiago de Compostela, así como para o persoal sanitario e familiares dentro da denominada “Escola de Pacientes”.
- O 24 de setembro tivo lugar un obradoiro de nutrición, ao que acudiron un total de 12 persoas e no que tanto persoas usuarias, como familiares e persoal sanitario aprenderon sobre as pautas nutricionais específicas deste colectivo en mans da nutricionista Leticia Álvarez.
- No mes de outubro a traballadora social María Olivares, asesorou individualmente a 90 persoas usuarias do tratamento de hemodiálise en materia de recursos sociais dirixidos a este colectivo.
- No mes de decembro a terapeuta ocupacional Jessica Antelo tamén asesorou individualmente a 90 persoas usuarias sobre os produtos de apoio como ferramentas para a prevención ou axuda para mellorar a independencia nas actividades da vida diaria.


GUÍA DE ACCESOS VASCULARES ELABORADA POLA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER

 A Federación Nacional Alcer elaborou unha guía para o coidado dos accesos vasculares das persoas con enfermidade renal. Accede a ela pinchando AQUÍ
BO NADAL!

Comentarios