ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 13 DE DECEMBRO

FEIRA DO VOLUNTARIADO EN FERROL 

O pasado sábado estivemos na feira do voluntariado organizada polo concello de Ferrol. Participamos nun stand informativo para sensibilizar sobre a doazón de órganos e Rafa, presidente de Alcer Coruña, fixo unha intervención na sede de Afundación sobre a importancia do voluntariado no programa Alcer 7 Vidas (de sensibilización sobre a doazón de órganos e fomento de hábitos de vida saudable)





TARDES CON ALCER DELEGACIÓN CORUÑA

O luns tamén se reuniron 4 persoas usuarias con enfermidade renal e as dúas traballadoras da delegación da Coruña, nunha nova convocatoria do grupo de iguais.



ESCOLA DE PACIENTES DO HOSPITAL HM LA ESPERANZA

Na próxima semana remata a formación da "Escola de pacientes" que se levou a cabo neste 2021 na unidade de hemodiálise de HM La Esperanza coas persoas que acoden alí ao tratamento. Ao longo do ano, participaron tanto persoal sanitario como persoas usuarias nun obradoiro de nutrición e todas as persoas usuarias recibiron información individualizada de traballo social e terapia ocupacional.




ADMINISTRACIÓN DE DOSIS DE ADICIONAIS E DE REFORZO DA VACINA FRONTE Á COVID-19
Podes consultar a nova completa AQUÍ







Comentarios