NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE OUTUBRO

I XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE ALCER CORUÑA

O próximo 23 de outubro, temos unha cita na Coruña. Estamos contactando con cada persoa socia Animádevos a participar!

 💬 34º EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL

Terán lugar os días 20 e 21 e novembro e este ano tamén poderán verse de maneira telemática. Enviarémosvos o programa tan pronto o teñamos!

 💬 ENCONTRO DE FAMILIAS ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER

Os días 22, 23 e 24 de outubro terá lugar en Albacete unha fin de semana de vivencias compartidas entre familias de menores con enfermidade renal. A Federación Nacional Alcer sufragará todos os gastos de alonxamento, sendo soamente necesario asumir o custe da viaxe. Anímaste a participar? Chámanos e darémosche máis información!

 💬 FORMACIÓN DE PROFESIONAIS DO TRABALLO SOCIAL

Estasemana tivo lugar a última formación dirixida a profesionais do traballo social das entidades alcer, organizada pola Federación Nacional Alcer. Seguimos aprendendo!

 💬 40 ANIVERSARIO DE ALCER LUGO

O pasado domingo estivemos xunto con Alcer Lugo, celebrando o seu 40 aniversario nun acto celebrado no Hospital Lucus Augusti.

 💬 OBRADOIRO SOBRE ADAPTACIÓN ÁS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA DAS PERSOAS EN DIÁLISE

O próximo xoves 14 en Santiago de Compostela. Gratuíto e con certificado!

 💬 "COÑECÉNDOME" OBRADOIRO DE CAPACIDADES E TALENTOS

Queres participar nun obradoiro impartido por unha profesioal de psicoloxía o vindeiro 19 de outubro no Centro Municipal de Maiores das Vivendas da Mariña en Narón de 17.00 a 18.30? Chámanos!

 💬 PUNTOS DE ATENCIÓN NA UDC

Esta tarde retomamos os puntos de atención para informar sobre a enfermidade renal e fomentar a doazón de órganos no Campus de Riazor da Coruña. O vindeiro luns, retomarémolos no Campus de Ferrol!

💬 OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE!

👉 Recetas de cociña para persoas con pedras no ril. Pincha AQUÍ para acceder ao recetario! 
👉 Tes discapacidade recoñecida e interésanche as novas tecnoloxías? Pincha AQUÍ para ver as alternativas que ofrece a Fundación ONCE.
👉 Desde a Asociación de Usuarios da Sanidade Pública e Privada de Asturias, organizan as I Xornadas de Bioética. Pincha AQUÍ para ter máis información!

Comentarios