NOVIDADES DA SEMANA DO 11 DE OUTUBRO
I XORNADAS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL DE ALCER CORUÑA
O próximo sábado 23 de outubro, temos unha cita na Coruña. Animádevos a participar! Para as persoas que non sodes da Coruña, poderedes trasladarvos gratis en autobús desde Santiago de Compostela e Ferrol. Ademais, o xantar é gratuíto para todas as persoas asistentes!
💬 CAMPAÑA VACINACIÓN GRIPE 2021
A partir do 25 de outubro, comezarase a vacinación conra a gripe en persoas maiores de 65 anos, residentes e persoas traballadoras de centros de maiores ou de persoas con discapacidade. Queres coñecer máis información? Consultaa AQUÍ
💬 VIAXE A SICILIA PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL
Ollo! Os prezos non inclúen viaxe ata Madrid!
💬 MESA INFORMATIVA E SENSIBILIZACIÓN NO CAMPUS DE FERROL
O venres 8 colocouse unha mesa informativa na Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol para sensibilizar sobre a importancia da doazón de órganos. Este mércores, Gumer, voluntario da entidade, acompañounos para falar sobre a doazón no 2º curso do grao de Enfermería.
💬 TEATRO INCLUSIVO EN CULLEREDO
PASTA AO ALLO E CROQUETAS DE PESCADA
💬 OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Vulnerabilidade das persoas transplantadas fronte a bacterias comúns. Pincha AQUÍ para ler a nova completa.
Estudo realizado pola unidade de diálise da FRIAT Infanta Elena sobre o impacto emocional da Covid-19 nas persoas con enfermidade renal. Podes ler AQUÍ máis información.
A Plataforma de Organización de Pacientes organizou un estudo sobre o impacto emocional da enfermidade renal crónica. Podes ler os resultados obtidos pinchando AQUÍ
Comentarios
Publicar un comentario