ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE OUTUBRO

34 EDICIÓN DAS XORNADAS DA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER EN MADRID

Serán o próximo 20 e 21 de novembro no CaixaFormum Madrid. Se estás interesada ou interesado en asistir, CONTACTA CON NÓS! Podes consultar AQUÍ a programación completa.

O MANEXO DAS EMOCIÓNS NAS PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA

Terá lugar a través da canle de Youtube da Federación Nacional Alcer o vindeiro 4 de novembro ás 11:00 horas. Poderás velo pinchando AQUÍ

CONCELLO COLABORADOR COA INVESTIGACIÓN DA ENFERMIDADE DE DENT

Es de Lousame ou preto e queres colaborar na investigación da enfermidade de Dent (enfermidade rara que afecta ao funcionamento dos riles de menores)? Pois o concello de Lousame habilitará puntos de recollida no seu concello. Podes consultar onde chamando ao 981820494.

COLABORACIÓN CON ALCER CORUÑA NO CENTRO COMERCIAL 4 CAMIÑOS DA CORUÑA

Hoxe comeza unha campaña no Centro Comercial 4 Camiños da Coruña onde por unha compra superior a 1€, poderás colaborar na doazón económica para Alcer Coruña. BUSCA OS PUNTOS DE INFORMACIÓN NO CENTRO DE COMERCIA E COLABORA! Podes ver AQUÍ o vídeo promocional.

NOVA EDICIÓN DAS TARDES CON ALCER 


I XORNADAS DE ALCER CORUÑA 
Como ben sabedes, este ano tivemos oportunidade de grabar toda a xornada, que poderedes ver AQUÍ o video completo

👉 ADXUNTAMOS TAMÉN A ESTE CORREO O CLIPPING COA APARICIÓN EN PRENSA E NAS REDES SOCIAIS DAS XORNADAS.

ALCER CORUÑA CONTINÚA SENSIBILIZANDO SOBRE A IMPORTANCIA DA DOAZÓN DE ÓRGANOS

O pasado xoves estivemos no CPR La Milagrosa de Santiago de Compostela falando sobre a doazón co alumanado de 6º de primaria. Acompañounos Raúl Gómez, voluntario de Alcer Coruña que leva transplantado de ril 2 meses.

MESA REDONDA SOBRE A DISCAPACIDADE NA ETAPA ADULTA

O pasado 20 de outubro Alcer Coruña participou nunha mesa redonda organizada por Enki Proyecto xunto con Aspronagra, GRUMICO, ANDADE, o centro ocupacional Pascual Veiga, a Liga Reumatolóxica Galega, ADCOR e a Asociación de Discapacitados da Coruña. Podes vela AQUÍ

CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2021

Adxuntamos protocolo de vacinación do SERGAS 2021 e deixámosvos a calendarización prevista 👇

DÍA MUNDIAL DO ICTUS

OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE 

👉 Unha investigación publicada pola revista "'Nephrology, Dialysis and Transplantation' (NDT)" asegura que as persoas transplantadas comezan a perder anticorpos da vacina aos 28 días da súa administración. Pincha AQUÍ para poder ler o artigo completo.
👉 O goberno devolverá as multas interpostas ás persoas cidadás durante o primeiro estado de alarma pola COVID-19. Podes consultar a información completa AQUÍ
👉 A Federación Nacional Alcer recolle o resumo de actividades do mes de outubro de Alcer Coruña. Podes lelo completo AQUÍ
👉 A Fundación Mujeres organiza un encontro na Coruña de mulleres coidadoras. Máis información no cartaz 👇

Comentarios