NOVIDADES DA SEMANA DO 27 DE SETEMBRO

❤ 34º EDICIÓN DAS XORNADAS NACIONAIS DE PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL

Terán lugar os días 20 e 21 e novembro e este ano tamén poderán verse de maneira telemática. Enviarémosvos o programa tan pronto o teñamos!

❤ ENCONTRO DE FAMILIAS ORGANIZADO POLA FEDERACIÓN NACIONAL ALCER

Os días 22, 23 e 24 de outubro terá lugar en Albacete unha fin de semana de vivencias compartidas entre familias de menores con enfermidade renal. A Federación Nacional Alcer sufragará todos os gastos de alonxamento, sendo soamente necesario asumir o custe da viaxe. Anímaste a participar? Chámanos e darémosche máis información!

❤ GRUPO DE TRABALLO SOBRE INFANCIA E ADOLESCENCIA CON ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA

Alcer Coruña e equipo técnico da Federación Alcer Galicia, participaron na tarde do mércores nun gurpo de traballo sobre infancia e adolescencia con enfermidade renal crónica. 

❤ ACTIVIDADE DE OCIO EN FERROL O VINDEIRO VENRES 8 DE OUTUBRO

Anímate a participar! 

❤ IV XORNADAS DE GALICIA SOBRE ENFERMIDADE RENAL

O próximo 23 de outubro, temos unha cita na Coruña. Porémosnos en contacto con todas e todos vós por teléfono a próxima semana, para informarvos individualmente. Animádevos a participar!

❤ CAMPAÑA "DOAR É DOADO" EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Coa subvención do Concello de Santiago, Alcer Coruña iniciou a pasada semana unha campaña informativa a prol da doazón de órganos nas diferentes facultades da Universidade de Santiago de Compostela (USC)


Este martes, tivo lugar a presentación oficial da Campaña. Xunto coa concelleira de Políticas Sociais de Santiago de Compostela, Mila Castro, e o Vicerreitor de Estudantado e Protección internacional, Víctor Arce, inauguramos a campaña ao pé da Biblioteca Concepción Arenal. Agasallamos 150 flores e repartimos 320 dípticos informativos ao estudantado, fomentando a importancia da doazón de órganos. 


A prensa tamén se fixo eco da actividade! 👇

❤ TARDES CON ALCER 

Na tarde de onte tivo lugar unha nova convocatoria das "Tardes con Alcer", tres grupos de pesoas con enfermidade renal, no que se comparten vivencias comúns e experiencias entre as persoas asistentes. Atención para as vindeiras convocatorias! Se desexas participar, acollerémoste de bo gusto! 😊

 

❤ BECAS DE ESTUDO PARA PERSOAS ESTUDANTES CON ENFERMIDADE RENAL

Tes enfermidade renal diagnosticada e estás estudando Desde a Fundación Renal Íñigo Álvarez de Toledo, convocan a 5ª edición de becas de estudo para o noso colectivo. Pincha AQUÍ para consultar as bases e non dubides en poñerte en contacto con nós para máis información!

❤ VACINACIÓN CONTRA A COVID - 19 PARA PERSOAS TRANSPLANTADAS

Coñecemos que cada área sanitaria está a marcar as súas datas para xestionar a vacinación do noso colectivo de persoas transplantadas. Deixámosvos un número de teléfono de incidencias do SERGAS ao que poder chamar se aínda non vos citaron. Tamén vos recomendamos que contactedes co profesional de atención primaria de referencia para que lle expoñades a vosa situación persoal.

❤ OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

⏭ "Nadia y su club secreto" é un libro feito polos compañeiros de Acler Bizkaia que relata a historia de Nadia no seu camiño desde o diagnóstico da enfermidade renal ata o transplante de ril. Podedes poñervos en contacto coa entidade para máis información no 944.59.87.50 ou enviando un correo electrónico a alcerbizkaia.bio@gmail.com


⏭ Desde a Federación Nacional Alcer crearon unha enquisa para coñecer como afecta o prurito (picor) ás persoas con enfermidade renal. Pincha AQUÍ e participa para poder lograr coñecer mellor esta sintomatoloxía e atopar un tratamento eficaz!


Comentarios