ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 29 DE SETEMBRO / 1 DE OUTUBRO

 - TESTEMUÑAS Entrevista a Ana Mato

Esta semana Ana Mato, vocal da xunta directiva de Alcer Coruña, saia na prensa relatando a súa historia como persoa á espera dun doble transplante e o seu cambio de vida trala intervención. Convidámosvos a ler a nova completa! 🔗 ACCEDE A ELA PREMENDO AQUÍ​

- SENSIBILIZACIÓNAndaina solidaria​

O próximo 1 de novembro e grazas á colaboración do Concello de Frades, terá lugar unha andaina solidaria pola doazón de órganos á que te convidamos a participar!

- SENSIBILIZACIÓNMesa informativa en Carballo

Na mañá de onte estivemos no centro de saúde de Carballo sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos e os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal. Acudiron como persoas volutnarias Manuel González (persoa con enfermidade renal crónica) e a súa muller Beatriz Tohux.

- FORMACIÓN Obradoiro en Narón

Este martes tivo lugar un obradoiro en Narón ao que acudiron 10 persoas para adquirir coñecemento para previr situacións de dependencia e poder realizar as actividades da vida diaria de maneira independente, buscando estratexias para mellorar a execución daquelas tarefas nas que apareza algunha limitación, como vestirse, asearse, camiñar, etc.
O próximo ​13 de novembro terá lugar o último obradoiro, desta volta na delegación de Santiago de Compostela. INSCRÍBETE CHAMANDO AO 670.34.39.49.

- AXUDAS| Para persoas residentes no concello de Bergondo

- AXUDAS| Bono social eléctrico

- RECEITA| Empanadiñas de queixo e cabaza

- OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE

Enfermidade renal

👉🏻 ​20ª xornada anual da Asociación para a Información e Investigación de Enfermidades Renais Xenéticas 🔗 Consulta a programación e forma de inscrición.

Doazón de órganos

👉🏻 ​Artigo de La Razón na que se describen as claves para o éxito na doazón de órganos e transplantes en España 🔗 Podes acceder aquí ao contido completo

Outras

👉🏻 ​​Desde o Equiocio Ferrol informan do Memoririal Moncho Rivera entre o Racing Club Ferrol e o CD Tondela nun encontro benéfico a favor de Aspaneps 🔗 Accede aquí a toda a información
👉🏻​ O ministerio de sanidade aprobou a eliminación do copago de produtos ortoprotésicos para as persoas que xa están exentas de copago famacéutico. 🔗 Neste enlace podes consultar a información

- LOTERÍA| Décimos e participacións dispoñibles!



Comentarios