ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 4 DE MARZO
ASEMBLEAS XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
O pasado domingo estivemos no Hotel Crunia da Coruña celebrando as asembleas xeral ordinaria e extraordinaria 2024. Grazas a todas as persoas participantes!
OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE EN FERROL
Onte a nutricionista da Federación Alcer Galicia, Nerea Nogueira, impartiu un obradoiro de cociña saudable na delegación de Ferrol.
PARTICIPACIÓN DE ANA MATO, VOGAL DE ALCER CORUÑA, NO ENCONTRO FEMINISTA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE CULLEREDO
Esta mañá estivo a vogal de Alcer Coruña Ana Mato xunto con mulleres representantes doutras entidades sociais no encontro feminista celebrado no Xardín Botánico do Burgo.
REUNIÓN CON DIFERENTES FORZAS POLÍTICAS PARA DAR A COÑECER AS PROPOSTAS ELECTORAIS REALIZADAS POLA FEDERACIÓN ALCER GALICIA AO PARLAMENTO GALEGO
Desde semanas antes das elecccións autonómicas, membros da xunta directiva da Federación Alcer Galicia e Alcer Coruña reuníronse co Partido Popular, BNG e PSde-G PSOE para achegarlles as propostas ao parlamento de Galicia para a mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade renal de Galicia. Ver seguintes WhatsApps!
PARTIDO A PROL DA SAÚDE RENAL DO BÁSQUET CORUÑA O PRÓXIMO MARTES
PARTIDO A PROL DA SAÚDE RENAL DO BÁSQUET XIRIA DE CARBALLO
VIAXE INTERNACIONAL PARA PERSOAS CON ENFERMIDADE RENAL CRÓNICA A ESTOCOLMO
ARROZ AO CURRY
OUTRAS NOVIDADES DE INTERESE
Discapacidade

Enfermidade renal



Máis de Alcer Coruña

Comentarios
Publicar un comentario