Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 21 DE ABRIL DO 2025

Imagen
  SENSIBILIZACIÓN |  Feira da saúde de Ames  Mañá estaremos desde as 11:00 ata as 20:00 horas na IV Feira da Saúde de Ames sensibilizando sobre a importancia da doazón de órganos e a enfermidade renal. Achégate a visitarnos! FORMACIÓNS  |  Obradoiro de nutrición en Ferrol Este martes tivo lugar un obradoiro teórico - práctico de nutrición en Ferrol impartido pola nutricionista da Federación Alcer Galicia (Nerea Nogueira) e a estudante en prácticas de nutrición (Nerea González). Aínda quedan prazas dispoñibles no obradoiro do próximo martes en Santiago de Compostela. Chámanos para inscribirte! FORMACIÓNS  |  Obradoiro de terapia ocupacional en Coruña Na tarde de onte impartiuse o obradoiro "Ti podes" na Coruña da man da terapeuta ocupacional de Alcer Coruña (Jessica Antelo). Abordáronse contidos vencellados a métodos de conservación de enerxía e emprego de produtos de apoio para mellorar a independencia nas actividades da vida cotiá. - RECEITA |  A...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 14 DE ABRIL

Imagen
- TARDES CON ALCER  |  Santiago de Compostela Na tarde do martes tivo lugar unha nova xuntanza do grupo de iguais en Santiago de Compostela.  - ACTOS  |  X Solidaria Ferrol Un ano máis, na cidade de Ferrol, as entidades do 3º sector da comarca unímonos para recordarlle á cidadanía a importancia da "X Solidaria".  Se ao presentar a vosa declaración marcades o recadro 106, o 0,7% dos teus impostos destinaranse a entidades de fin social como Alcer Coruña co obxectivo de poder apoiar económicamente o mantemento dos nosos servizos e programas.  Non custa nada e con ese simple xesto poderás mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal. Nesta ocasión contamos co apoio do club de baloncesto BAXI Ferrol, quenes se sumaron a esta iniciativa coa lectura do manifesto.  Grazas a Jorge Meis, fotógrafo do Diario de Ferrol, pola autoría desta  - DETECCIÓN DE IRREGULARIDADES NA APLICACIÓN DO BAREMO DO GRAO DE DISCAPACIDADE A Federación Nacion...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 7 DE ABRIL

Imagen
- SENSIBILIZACIÓN |  Mesa informativa en Carballo O sábado estivemos no encontro entre Basket Xiria e o Santo Domingo Betanzos no pavillón Vila de Noia do Concello de Carballo, onde instalamos unha mesa informativa para informar sobre os hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal e a importancia da doazón de órganos. Acudiron a traballadora social da delegación da Coruña Cristian López xunto con Raúl Hebert e Carmen Peniza (persoas voluntarias da entidade).  - SENSIBILIZACIÓN |  Obradoiro en Culleredo O luns estivemos no Centro Ocupacional Municipal do Concello de Culleredo sensibilizando sobre a importancia dos hábitos de vida saudable a 50 persoas usuarias e 10 alumnas e  alumnos. - SENSIBILIZACIÓN |  IES Canido (Ferrol) O martes e o xoves estivemos co alumnado de 2º da ESO do IES Canido  falando sobre a importancia da doazón de órganos e fomentando hábitos de vida saudables. Esta formación foi impartida pola traballadora da entidade xunto con...

ALCER CORUÑA. NOVIDADES DA SEMANA DO 31 DE MARZO / 1 ABRIL DO 2025

Imagen
- ASEMBLEAS |  Xerais ordinaria e extraordinaria O pasado domingo celebramos as asembleas xeral ordinaria e extraordinaria de Alcer Coruña na que participamos un total de 41 persoas e puidemos analizar tanto o traballo realizado no ano 2024 como presentar a actividade prevista para este 2025. Logo, desfrutamos dun xantar, no restaurante El Pantano de Abegondo. Grazas a todas as persoas participantes! - FORMACIÓNS  |  Colexio San Jorge  O luns estivemos co alumnado de 6º de primaria do Colexio San Jorge de Santiago de Compostela falando sobre a importancia da doazón de órganos. Acompañounos Celia Uzal, voluntaria e transplantada de ril desde fai case 3 anos. - FORMACIÓNS  |  Obradoiro de nutrición A Coruña Na tarde de onte tivo lugar o obradoiro de nutrición para persoas con enfermidade renal na delegación da Coruña. Aínda quedan prazas dispoñibles nas delegacións de Ferrol e Santiago de Compostela! - X SOLIDARIA |  Marca o recadro 106 na declaración da...