ALCER CORUNA. NOVIDADES DA SEMANA DO 25 DE SETEMBRO
FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA Esta semana levamos a cabo dúas charlas informativas para fomentar a doazón de órganos e hábitos de vida saudables entre a poboación estudante de Santiago. O martes 26 de setembro estivemos con 11 rapazas da facultade de Traballo Social e onte, 28 de setembro, co alumnado de 6º de primaria do Colexio San Jorge Estas actividades son posibles grazas ao convenio asinado co Concello de Santiago e ao equipo de voluntariado quen achega a súa experiencia. NOVA SESIÓN DAS TARDES CON ALCER Na tarde de onte, 28 de setembro, un grupo de 6 persoas xuntáronse na Coruña para compartir experiencias e inquedanzas sobre a súa convivencia coa enfermidade renal. Se queres participar nalgunha sesión, na Coruña ou noutra delegación, contacta con nós PROGRAMA DE BENESTAR EN BALNEARIOS Recordamos que está aberto o prazo ata o 18 de outubro para inscribirse no programa de Benestar en balnearios da Xunta de Galicia. ...